Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bioloxía

Glosario de termos diversos

Bioloxía4,61 KB

A

Acedo: Sabor semellante ao limón.

Aerólito: Meteorito formado por material rochoso.

Aeróstato: Aparello que se sostén na atmosfera por conter un gas máis lixeiro ca o aire.

Albumina: Proteína natural simple, transporta ácidos graxos e outras substancias.

Alfil: Peza do xogo de xadrez que se move diagonalmente sobre o taboleiro.

Alumina: Óxido/hidróxido de aluminio.

Alvéolo: Pequena cavidade/burato.

Amálgama: Mestura de persoas ou cousas de distinta natureza.

Anémona: Planta herbácea da familia das ranunculáceas.

Anódino: Non ten importancia, carece de graza/interese.

Arquidiocese: Territorio eclesiástico que está baixo a xurisdición dun arcebispo.

Auréola: Círculo dourado, arrodea a cabeza de Xesucristo.

Biótipo: Conxunto de caracteres...

Seguir lendo "Glosario de termos diversos" »

Bioloxía: Clasificación, Orixe da Vida e Evidencias da Evolución

Bioloxía4,82 KB

Clasificación Biolóxica dos Seres Vivos

Nomenclatura Binominal e Nome Científico

O nome científico de cada especie consta de dúas palabras, a nomenclatura binominal, escritas en cursiva. A primeira designa o xénero e a segunda a especie, e escríbese en minúscula.

Que é unha Especie?

Unha especie é un grupo de individuos con características similares que se poden reproducir entre eles e orixinar unha descendencia fértil. A especie é a unidade elemental de clasificación dos seres vivos.

Concepto de Clasificación Biolóxica

Clasificar un conxunto de individuos é repartilos en grupos mutuamente excluíntes para establecer se un ser vivo pertence ou non a un grupo.

As clasificacións poden ser artificiais (baseadas en características físicas)...

Seguir lendo "Bioloxía: Clasificación, Orixe da Vida e Evidencias da Evolución" »

Ciclo da Materia e os Ciclos Bioxeoquímicos

Bioloxía2,36 KB

Ciclo da Materia

A circulación da materia nos ecosistemas iníciase cando os produtores realizan a fotosíntese e incorporan ao seu organismo nutrientes do solo e do aire. Cando os produtores son comidos polos consumidores primarios, esta materia pasa ao corpo do herbívoro. Cando estes sexan devorados polos consumidores secundarios, a materia quedará incorporada ao corpo destes.

En cada piso os organismos que non son consumidos serán descompostos cando morren. Este proceso é levado a cabo polos descompoñedores, unha vez que a materia que circula pola pirámide de abaixo cara a arriba regrese ao solo e ao aire. A utilización da materia é cíclica. O percorrido que segue un elemento químico na natureza é o ciclo bioxeoquímico. Os seres...

Seguir lendo "Ciclo da Materia e os Ciclos Bioxeoquímicos" »

Bioloxía Celular: Membrana, Parede e Citoplasma

Bioloxía7,07 KB

Estrutura da Membrana Plasmática: Modelo do Mosaico Fluído

Modelo de Singer e Nicholson ou Mosaico Fluído

  • Na membrana plasmática, os lípidos dispoñen-se formando unha bicapa: Os lípidos da membrana son, fundamentalmente, fosfolípidos e colesterol. Nestes lípidos distínguense dúas partes: parte hidrofílica e parte hidrofóbica, o que fai que as moléculas se dispoñan formando unha dobre capa lipídica.
  • Os lípidos e as proteínas integrais dispoñen-se formando un mosaico (estrutura formada por pequenas fraccións). As proteínas son diversas e realizan as funcións específicas da membrana.
  • As membranas son estruturas fluidas: Existen desprazamentos laterais.
  • As membranas son estruturas asimétricas respecto a todos os seus compoñentes.
...
Seguir lendo "Bioloxía Celular: Membrana, Parede e Citoplasma" »

Transplantes: Desafíos e Avances na Medicina

Bioloxía2,82 KB

Problemas dos Transplantes

Transplantar é substituír un órgano enfermo, que pon en perigo a vida dunha persoa, por outro que funcione axeitadamente. Non sempre é preciso substituír o órgano completo; ás veces é suficiente con parte do órgano, algún tecido ou, simplemente, células.

O transplante de órganos e tecidos como método terapéutico presenta tres graves problemas:

  1. O rexeitamento inmunolóxico.
  2. A escaseza de órganos dispoñibles.
  3. A imposibilidade técnica de obter determinados órganos ou tecidos.

Rexeitamento Inmunolóxico

O noso sistema inmunolóxico ten a capacidade de distinguir o propio do alleo. Se os glóbulos brancos detectan algo estraño, intentan destruílo. Esta capacidade ten moita importancia cando o estraño son...

Seguir lendo "Transplantes: Desafíos e Avances na Medicina" »

Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións

Bioloxía3,92 KB

Ecoloxía: ciencia que estuda os ecosistemas.

Ecosistemas: relacións que se establecen entre o conxunto de seres vivos e os factores ambientais que existen nunha zona determinada. Poden ser ecosistemas naturais ou antrópicos. Hai tres tipos de ecosistemas: terrestres, acuáticos e en transición. Os límites entre os ecosistemas ou ecotóns poden ser nítidos ou graduais. Compoñentes dun ecosistema:

  1. Biótopo: compoñente abiótico do ecosistema, formado polo medio físico e os factores químicos.
  2. Biocenose ou comunidade biolóxica: compoñente biótico do ecosistema, constituida polos seres vivos que habitan nun determinado lugar e as relacións que establecen entre eles.

Especie: conxunto de seres vivos que se poden reproducir entre eles e...

Seguir lendo "Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións" »

Os Sentidos Humanos: Percepción, Funcionamento e Coidado

Bioloxía9,18 KB

Percepción Sensorial: Estímulos e Sensacións

Cando soa unha música ou se acende unha luz, o teu corpo nótao. Un estímulo é calquera cambio na túa contorna que poidas percibir.

Pero como o percibe o teu corpo? A través de miles de estruturas nerviosas chamadas receptores sensoriais, que se activan cando perciben os cambios.

Os receptores sensoriais localízanse nos órganos dos sentidos: lingua, pel, oídos, fosas nasais e ollos. Algúns órganos, como a pel, teñen receptores para máis dun estímulo. Considéranse cinco sentidos: gusto, tacto, oído, olfacto e vista. A eles engádese o equilibrio, localizado no oído interno.

Os receptores envían a información ao cerebro, que é o órgano encargado de integrala e elaborar a sensación...

Seguir lendo "Os Sentidos Humanos: Percepción, Funcionamento e Coidado" »

Volcáns e Terremotos: Unha Guía Completa

Bioloxía2,65 KB

Volcáns

Os volcáns son aberturas pola que emerxe o magma.

Partes dun volcán:

  • Crater: Abertura por onde sae o magma.
  • Coada: Manto de lava.
  • Cheminea: Conducto que comunica a cámara magmática co cráter.
  • Cheminea secundaria: Conducto secundario que comunica a cámara magmática co exterior.
  • Cámara magmática: Onde se acumula o magma.
  • Cono volcánico: Elevación formada pola acumulación de materiais volcánicos.

Erupcións:

Saída de materiais a través do cráter. Estes materiais son:

  • Piroclastos: Produtos sólidos lanzados ó exterior (bombas volcánicas, lapilli, cinzas volcánicas).
  • Lava: Magma desgasificado e fundido.
  • Gases volcánicos: Gases liberados durante a erupción.

Tipos de volcáns:

  • Volcán Hawaiano: Magma moi fluido, saída pausada de gases,
...
Seguir lendo "Volcáns e Terremotos: Unha Guía Completa" »

Mecanismos de Reprodución Celular e Teorías da Evolución

Bioloxía2,71 KB

Mecanismo de reprodución asexual

Reprodución, esporulación y xemación. Meiose: un tipo de división celular que ten como obxectivo a formación de gametos. As células fillas terán a metade de cromosomas ca a célula nai.

DEFINE

Cromosomas Homólogos: unha parella de cromosomas iguais en estrutura, tamaño e ADN. Xene: fragmento de ADN. Carácter: información para unha característica concreta do organismo. Alelo: cada unha das diferentes informacións ou variacións dun xene que determina un carácter. Homocigoto: presenta dous alelos iguais para ese carácter. Heterocigoto: cando presenta dous alelos diferentes. Mutación: cambio permanente na molécula de ADN. TIPOS: Xénicas, Cromosómicas, Xenómicas

Define

Xenotipo: combinación de alelos

...
Seguir lendo "Mecanismos de Reprodución Celular e Teorías da Evolución" »

Proceso de Meiosis en Células Animais e Vegetais

Bioloxía2,89 KB

Células Animais

Comenza coa formación dun anel de microfilamentos contráctiles na zona ecuatorial da célula nai (actina-miosina) que se estreita aparecendo un surco de segmentación que termina por estrangular ao citoplasma e separar a ambas células.

Células Vegetais

Entre ambos núcleos recén formados se concentran vesículas procedentes do Golxi e microtúbulos polares que forman unha barreira chamada fragmoplasto con pequenos orificios de comunicación chamados plasmodesmos.

Meiosis

É o proceso mediante o cal unha célula se divide e dá lugar a catro células fillas distintas entre si e coa metade de información da célula da que proceden.

Na meiosis teñen lugar dúas divisións consecutivas denominadas primeira e segunda división...

Seguir lendo "Proceso de Meiosis en Células Animais e Vegetais" »