Proceso de Meiosis en Células Animais e Vegetais

Bioloxía2,89 KB

Células Animais

Comenza coa formación dun anel de microfilamentos contráctiles na zona ecuatorial da célula nai (actina-miosina) que se estreita aparecendo un surco de segmentación que termina por estrangular ao citoplasma e separar a ambas células.

Células Vegetais

Entre ambos núcleos recén formados se concentran vesículas procedentes do Golxi e microtúbulos polares que forman unha barreira chamada fragmoplasto con pequenos orificios de comunicación chamados plasmodesmos.

Meiosis

É o proceso mediante o cal unha célula se divide e dá lugar a catro células fillas distintas entre si e coa metade de información da célula da que proceden.

Na meiosis teñen lugar dúas divisións consecutivas denominadas primeira e segunda división meiótica. Trátase dunha división reducional do número de cromosomas.

As células haploides non poden dividirse por meiosis.

Profase I

Está dividida en cinco subfases:

Leptoteno; Os cromosomas condénsanse. Cada cromosoma está unido polos seus extremos á envoltura nuclear mediante a placa de unión.

Zigoteno; Os cromosomas homólogos aparean até quedar completamente alineados. Este apareamento chámase sinapsis, e prodúcese a través dunha estrutura proteica chamada complexo sinaptonémico. Formase unha estrutura formada por catro cromátidas, a tétrada ou cromosoma bivalente.

Paquiteno; Prodúcese o sobrecruzamento no cal as cromátidas homólogas non irmás intercambian material xenético. A este intercambio de xenes chámase recombinación xenética.

Diploteno; Prodúcese a separación dos cromosomas homólogos permanecendo unidos polos puntos nos que tivo lugar a recombinación xenética. A estes puntos polos que permanecen unidos chámaselles quiasmas.

Diacinese; Cada par de homólogos están unidos polos quiasmas. Cada par de centriolos diríxese a un polo da célula e formanse as fibras do fuso.

Metafase I

É similar á metafase da mitose pero coa diferenza de que na placa ecuatorial dispoñen as tétradas. Os centrómeros de cada par de homólogos dispoñen en lados opostos da placa, pero os cinetocoros das cromátidas irmás están fusionados e orientanse cara ao mesmo polo.

Anafase I

Os pares de cromosomas homólogos comezan a separarse cara a polos opostos da célula.

Cromosomas completos. Cada cromosoma de cada parella diríxese a un polo da célula distinto.

Telofase I

Reaparecen a membrana nuclear e o nucléolo, mentres que os cromosomas sofren unha pequena descondensación.

Citocinese Despois de telofase I hai unha citocinese e rapidamente comeza a profase II.

Profase II

Igual que a profase dunha mitose

Metafase II

Igual que a metafase dunha mitose

Anafase II

Igual que a anafase dunha mitose

Telofase II

Igual que a telofase dunha mitose

Descargar

PDF Word HTML