Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeoloxía de Bacharelato

Orixe da Lúa e formación temperá da Terra: hipóteses e proceso

XeoloxíaActualizado o 3,67 KB

Hipóteses sobre a orixe da Lúa

As investigacións sobre a orixe da Lúa pretenden discernir, en palabras dun astrónomo, se a Lúa é irmá ou filla da Terra, ou se foi adoptada por ela.

Hipótese da irmá (co-formación)

Segundo a primeira destas hipóteses, a Lúa formaríase ao mesmo tempo ca a Terra, na súa zona orbital e seguindo un proceso paralelo ao do noso planeta. A priori, resulta unha opción moi plausible. Non obstante, a Lúa ten cen millóns de anos menos có noso planeta e, estando na mesma zona do Sistema Solar, formaríase a partir do mesmo tipo de planetesimais, polo que as súas densidades deberían ser similares. Non é isto o que acontece, posto que a densidade da Terra é de 5,5 g/cm3 e a da Lúa é de 3,3 g/cm3.

Hipótese

...
Seguir lendo "Orixe da Lúa e formación temperá da Terra: hipóteses e proceso" »

Ferrocarril ou carretera? Vantaxes e inconvenientes do transporte

Xeoloxía3,45 KB

Ferrocarril ou carretera?

Transporte ferroviario. Vantaxes: pouco contaminante, baixa sinistralidade, economía no custo de transporte de mercadorías, non hai problemas de conxestión de tráfico, gran cantidade de mercadorías e longos percorridos, menor consumo de territorio, pode consumir enerxías renovables e é relaxante, permite relacións sociais. Inconvenientes: lento, rixidez horaria, consome moito tempo, rupturas de carga entre orixe e destino, rixidez horaria e elevado custo de construción e mantemento.
Transporte por carretera. Vantaxes: economía de tempo, non hai rupturas de carga entre orixe e destino, flexibilidade horaria e menor custo de construción e mantemento. Inconvenientes: altamente contaminante, elevada sinistralidade,
...
Seguir lendo "Ferrocarril ou carretera? Vantaxes e inconvenientes do transporte" »

Ciclo de Wilson e Ambientes Sedimentarios: Guía Completa

Xeoloxía4,52 KB

O ciclo de Wilson

O xeólogo canadense John Wilson foi o primeiro en propoñer a existencia, ao longo da historia da Terra, de procesos cíclicos de ruptura e reunificación de supercontinentes. En honra súa, ao devandito proceso denominóuselle ciclo de Wilson.

Etapas do ciclo de Wilson

1. Formación dun domo térmico. A calor acumulada debaixo do continente provoca a dilatación dos materiais e unha curvatura.

2. Etapa de rift continental. Aparecen as grandes fracturas que adelgazan a litosfera, provocando a formación dun rego ou rift continental.

3. Etapa de mar estreito. Complétase a separación e comeza a xerarse entre ambos fragmentos nova litosfera oceánica e unha pequena dorsal.

4. Etapa de océano tipo Atlántico. Segue a separación...

Seguir lendo "Ciclo de Wilson e Ambientes Sedimentarios: Guía Completa" »

Evolución do Universo: Do Big Bang á Formación dos Planetas

Xeoloxía2,74 KB

Evolución do Universo e Formación Estelar

O Acendido do Universo e a Transparencia

INICIO DO UNIVERSO: Protóns e electróns interferían cos fotóns. Pero ao combinarse entre si para formar átomos, a luz puido viaxar libremente polo espazo. O universo fíxose transparente e xurdiu a radiación cósmica de fondo.

Formación de Estrelas e Galaxias

Catrocentos millóns de anos tras o Big Bang (BB), zonas do espazo lixeiramente máis densas convertéronse en centros de atracción gravitacional. Arredor deles reuniuse materia, formándose:

  • Nebulosas
  • Estrelas
  • Planetas

Pouco despois formáronse as primeiras galaxias.

A Enerxía Escura: O Maior Misterio

Máis adiante, as galaxias empezan a viaxar a velocidades cada vez maiores. Crese que a causa disto é...

Seguir lendo "Evolución do Universo: Do Big Bang á Formación dos Planetas" »

A Contaminación da Auga: Tipos, Orixes e Impactos Ambientais

Xeoloxía5,77 KB

Definición de Contaminación da Auga

A contaminación da auga é a acción e o efecto de introducir materias ou formas de enerxía, ou inducir condicións na auga que, de modo directo ou indirecto, impliquen unha alteración prexudicial da súa calidade en relación cos usos posteriores ou coa súa función ecolóxica.

Tipos de Contaminación Hídrica

Segundo a súa orixe, a contaminación distínguese entre:

  • Puntual: É producida por un foco emisor determinado e afecta a unha zona concreta.
  • Difusa: A súa orixe non está definida, aparece en zonas amplas e non ten un foco emisor concreto.

Orixes da Contaminación da Auga

Contaminación Natural

Consiste na presenza de determinadas substancias na auga sen que interveña a acción humana, como partículas...

Seguir lendo "A Contaminación da Auga: Tipos, Orixes e Impactos Ambientais" »

A Estrutura Interna da Terra: Capas, Composición e Dinámica

Xeoloxía3,05 KB

A Estrutura Estática da Terra

A Codia Terrestre

Trátase da capa máis externa da Terra. Está separada do Manto pola descontinuidade de Mohorovicic.

Ten un grosor medio de 30 km, aínda que este grosor é variable, xa que é máis delgada e máis densa nos océanos e máis grosa pero menos densa nos continentes.

Composición da Codia

  • Codia Continental: Formada fundamentalmente por silicatos de aluminio (granitos), abundando tamén as rochas calizas.
  • Codia Oceánica: Formada por silicatos algo máis densos, como os basaltos, e é menos antiga que a codia continental.

O Manto

Trátase da capa intermedia. Esténdese desde a descontinuidade de Mohorovicic (30 km) ata a de Gutenberg (2900 km).

Divisións do Manto

Componse de rochas básicas máis densas...

Seguir lendo "A Estrutura Interna da Terra: Capas, Composición e Dinámica" »

Fósiles: Tipos, Proceso de Formación e Importancia

Xeoloxía5,54 KB

Fósil: Definición e Conceptos Clave

Un fósil é o resto mineralizado dun organismo do pasado ou da súa actividade que se conservou ata os nosos días.

Procesos de Fosilización

  1. Un organismo morre e queda enterrado polos sedimentos.
  2. As partes brandas podrecen, pero a parte dura (cuncha, esqueleto, etc.) pode conservarse.
  3. Os sedimentos transfórmanse en rocha e a parte dura, se permaneceu o suficiente, fosiliza mediante os seguintes procesos:
    • Lenta modificación mineralóxica.
    • A cuncha disólvese e o oco é reenchido por minerais.
    • O sedimento introdúcese no interior da estrutura.

Tipos de Fosilización

  • Momificación en ámbar: Organismos, sobre todo insectos, quedan atrapados na resina fósil das coníferas.
  • Momificación en asfalto: O petróleo escapa
...
Seguir lendo "Fósiles: Tipos, Proceso de Formación e Importancia" »

O Solo: Formación, Composición e Tipos

Xeoloxía5,03 KB

Interfaces nos Sistemas Naturais

As interfaces son zonas que limitan dous ou máis sistemas naturais. Distinguimos dous tipos de interfaces:

  • O solo: a parte máis superficial dos continentes. Orixínase debido á interacción entre os sistemas hidrosfera, atmosfera, xeosfera e biosfera. A principal propiedade do solo é a de constituír o soporte para a vexetación, á que lle subministra auga e nutrientes.
  • O litoral: a zona de contacto entre os continentes e os océanos. Na súa formación interveñen a xeosfera e a hidrosfera, aínda que tamén interactúan a atmosfera e a biosfera.

O Solo

É a capa superficial da codia terrestre, de grosor variable, que procede da alteración de rochas preexistentes, e sobre a que se desenvolve a cuberta vexetal....

Seguir lendo "O Solo: Formación, Composición e Tipos" »

Impacto Ambiental da Acción Humana: Contaminación e Cambio Climático

Xeoloxía5,28 KB

Repercusións Ambientais da Acción Humana

Na actualidade, moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas, especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes. Por esta razón, ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental.

Contaminación: Tipos e Impactos

A contaminación é unha das maiores e máis negativas consecuencias ambientais e sociais que teñen as actividades humanas. Supón a introdución, nun medio calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para xerar algún dano ou desequilibrio, irreversible ou non, e que pode ser prexudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal...

Seguir lendo "Impacto Ambiental da Acción Humana: Contaminación e Cambio Climático" »

Tsunamis, erupcións e inundacións: riscos

Xeoloxía4,02 KB

Que fai temible un tsunami?

  1. Move un enorme volume de auga. Mentres que as ondas producidas polo vento afectan só á capa superficial, as do tsunami moven a auga desde a superficie ao fondo. A lonxitude da onda do tsunami pode ser mil veces superior, de maneira que a auga de cada onda é incomparablemente maior.
  2. Propágase con pouca perda de intensidade. Isto fai que os seus efectos alcancen zonas moi distantes. Así, por importante que sexa un terremoto, os seus efectos catastróficos nunca chegarán a lugares situados a 1000 km do epicentro.
  3. Adoita producirse unha retirada do mar minutos antes da chegada das grandes ondas.

Un sistema de alerta de tsunamis

Cando aos científicos se lles pregunta se se repetirá un tsunami como o de 1775, adoitan...

Seguir lendo "Tsunamis, erupcións e inundacións: riscos" »