Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeoloxía de Bacharelato

Formación de Cordilleiras e Tipos de Rochas Ígneas

Xeoloxía5,24 KB

Formación de Cordilleiras

A formación de cordilleiras pode ser de dous tipos principais:

Cordilleiras de Tipo Andino

Orixínanse nas marxes dun continente, onde a litosfera oceánica subduce baixo a litosfera continental. Tamén se chaman oróxenos de bordo continental. Os Andes son o mellor exemplo.

Proceso de Formación

  1. Sedimentos e rochas sedimentarias mariñas sen deformar avanzan á zona de subdución.
  2. A maioría dos sedimentos non subduce; dóbranse, fractúranse e acumúlanse, formando o prisma de acreción, que se incorpora ao continente.
  3. A calor pola fricción das placas e a presenza de auga favorecen a fusión parcial das rochas, formando magmas.
  4. Parte do magma sae á superficie e orixina volcáns; outra parte solidifica no interior e dá
...
Seguir lendo "Formación de Cordilleiras e Tipos de Rochas Ígneas" »

A Materia e a Enerxía no Universo

Xeoloxía5,55 KB

A materia normal está formada por átomos de elementos químicos. Entre un 70% e un 75% é hidróxeno, o elemento máis simple. O resto compóñena os 109 elementos restantes en diferentes porcións.

A materia escura constitúe un 21% do universo. Descoñécese a súa composición posto que non emite nin reflicte ningún tipo de luz ou radiación. Tampouco pode detectarse cos medios técnicos actuais. Considérase que se comporta como a materia común.

Os científicos postularon a súa existencia cando mediron a masa total de estrelas, po e gases dunha galaxia e comprobaron que nin era suficiente para poder explicar a intensidade das forzas gravitacionais que se dan na galaxia nin entre galaxias. Aínda non se atopou no laboratorio ningunha...

Seguir lendo "A Materia e a Enerxía no Universo" »