A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade
A Dama da Xustiza é unha personificación alegórica do principio moral que consiste en dar a cada un o que lle pertence. Xustiza: Recoñecemento dos dereitos e dos méritos dunha persoa. A balanza simboliza a obxectividade dos argumentos das partes que se enfrontan nun xuízo. A venda nos ollos é símbolo da imparcialidade coa que se debe resolver un xuízo.
Equidade: calidade de quen ou do que é equitativo || Equitativo: que dá a cadaquén o que lle pertence, que xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos. Independente: que é libre, que non está suxeito a vínculos de ningún tipo, que non depende dunha persoa ou cousa. Imparcial: que xulga ou actúa buscando a verdade, sen deixarse influír polas súas simpatías ou por intereses/...