Infinitivo conxugado e invariable en galego: usos e exemplos
Resumo
O documento explica cando o infinitivo galego se conxuga e cando permanece invariable, distinguindo usos obrigatorios e optativos. Inclúe exemplos de suxeito expreso, indeterminación do suxeito, perífrases verbais, verbos modais, causativos e de sentido. Serve para revisar a sintaxe do infinitivo en galego.
Puntos clave
- O infinitivo conxúgase cando ten un suxeito claramente expreso distinto ó do verbo principal.
- O infinitivo conxúgase obrigatoriamente cando o suxeito é distinto e non está expreso pero se quere expresar.
- Pode conxugarse de forma optativa cando comparte suxeito co verbo principal pero está posposto a distancia suficiente ou introducido por preposición.
- Na terceira persoa do plural indica a indeterminación do suxeito.
- O infinitivo é invariable nas perífrases verbais e cando está rexido por verbos modais (querer, poder, deber) co mesmo suxeito.
- Con verbos causativos (mandar, facer, deixar, permitir) ou de sentido (sentir, ver) o infinitivo vai normalmente invariable se vén inmediatamente despois do verbo.
Infinitivo Conxugado
Uso Obrigatorio
- Cando o infinitivo ten un suxeito claramente expreso, distinto ó do verbo principal:
Xa me estrañaba non viren os teus irmáns á miña festa. - Cando o suxeito, sendo distinto ó do verbo principal, non está expreso e deséxase expresalo:
Sería mellor marcharmos desta cidade canto antes.
Uso Optativo
- Cando, aínda tendo o mesmo suxeito có verbo principal, aparece antes ca el, sobre todo se a proposición do infinitivo vai introducida por unha preposición:
De seguirdes os atallos, pasaredes mil traballos. - Cando, aínda tendo o mesmo suxeito có verbo principal e indo posposto a el, se atopa a unha distancia suficiente para escurecer o suxeito:
Marchamos deste marabilloso país, que tan ben nos recibiu, para voltarmos ó noso. - Cando, na terceira persoa do plural, indica a indeterminación do suxeito:
Ten a culpa o xuíz, pois non permitiu prenderen ó ladrón. - En construción reflexiva, e con verbos pronominais:
Puxemos o espertador, para erguérmonos cedo.
Uso do Infinitivo Invariable
O infinitivo é invariable cando:
- Forma parte dunha perífrase verbal:
Temos que ir xa. - Está rexido por un verbo modal (querer, poder, deber) e ten o seu mesmo suxeito:
Por agora non podes encetar a botella de viño.
Nota: Cando o suxeito é diferente, é obrigatoria a construción que + subxuntivo:
Querían que o fixésemos axiña.
- Está rexido por un verbo causativo (mandar, facer, deixar, permitir e sinónimos) ou de sentido (tales como sentir e ver) e vén inmediatamente despois del, ou separado del soamente polo seu suxeito, se este está expresado por un pronome átono:
Ninguén o ve traballar en todo o día.
Nota: Se o suxeito vai entre o verbo e o infinitivo e non é un pronome átono, é posible a forma conxugada:
Vin os soldados chegaren a modiño pola ponte.
- Con verbos de movemento, en construcións con valor final:
Viñemos arranxar o elevador. - En xeral, cando o infinitivo ten o mesmo suxeito có verbo de que depende, e se atopa separado del soamente por unha preposición esixida polo réxime do verbo:
Non vos esquezades de cerrar ben as billas. - Infinitivo con valor imperativo:
Coller as cousas e metelas axiña. - Infinitivo en proverbio e frases feitas:
Cantar e comer non pode ser.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cando é obrigatorio conxugar o infinitivo en galego?
É obrigatorio cando o infinitivo ten un suxeito claramente expreso distinto ó do verbo principal. Tamén cando o suxeito, sendo distinto, non está expreso pero se desexa expresar.
Cando é invariable o infinitivo?
É invariable cando forma parte dunha perífrase verbal, cando está rexido por un verbo modal co mesmo suxeito e cando depende dun verbo causativo ou de sentido e vén inmediatamente despois del.
Como se expresa o suxeito cando é distinto e o verbo modal rexe o infinitivo?
Neste caso é obrigatoria a construción que + subxuntivo, como en 'Querían que o fixésemos axiña'.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.