Guía de Terminoloxía de Fitness e Aeróbic: IMC, ZAFS e Tai Chi
IMC: Índice de Masa Corporal. IMC = kg/m2
Z.A.F.S: Zona de Pulsacións Seguras para a Actividade Física Aeróbica.
Quencemento: Exercicios que se fan coa finalidade de preparar o organismo para unha actividade maior. FASES: Activación, mobilidade articular, desenvolvemento muscular, estiramentos.
Capacidades Físicas Básicas
- Resistencia
- Forza
- Velocidade
- Flexibilidade
Resistencia Aeróbica
Esforzo de longa duración e baixa intensidade. Frecuencia cardíaca: 140-160 pulsacións/minuto (pul.).
Resistencia Anaeróbica
Esforzo de curta duración e alta intensidade. Frecuencia cardíaca: 180 pulsacións/minuto (pul.).
Traballo Continuado de Resistencia
Longo período de tempo sen descansos, baixa intensidade. Ex.: Fartlek.
Traballo Fraccionado de Resistencia
Curto período de tempo, con descansos, alta intensidade. Ex.: Interval Training.
Flexibilidade
- Dinámico: Actividade da musculatura de forma voluntaria.
- Estático: Manter unha posición estática na que o músculo alcanza a súa maior amplitude.
Historia da Aeróbic (Hª Aeróbic): Doutor creou este deporte para exercitar pulmóns e corazón.
Movementos Básicos
Marcha, Viña, Step touch, Tap side, Jumping Jack, V e A, Lunge, Troco de peso, Elevar xeonllo, Tesoiras, Twist.
BEAT: Pulso ou tempo musical; golpes de batería dun tema musical. ACENTO: Beats que destacan en intensidade e se repiten. FRASE MUSICAL: Agrupación de 8 beats ou pulsos, o primeiro acentuado. BLOQUE: Suma de 4 frases musicais. TEMPO: Nº beats por minuto. BAIXO IMPACTO: Cos pés mantendo polo menos un contacto co chan. ALTO IMPACTO: As extremidades inferiores despegadas do chan. PERNA LÍDER: A que inicia o movemento.
Historia do Tai Chi (Hª TAI CHI): Un monxe chinés viu a loita dunha serpe e dunha grúa e baseouse nos seus movementos suaves e no seu equilibrio. Outra teoría di que xurdiu da necesidade duns monxes de ter técnicas de defensa persoal, polo que no principio tivo aplicación marcial. Antes de facer os movementos básicos, realízanse os seguintes pasos: 1º--Estender mans ao costado. 2º--Elevar brazos ao fronte e facer saúdo. 3º--Elevar a auga. 4º--Apertura da perna esquerda.
Pasos Principais do Tai Chi
Ondear as mans coma se fosen nubes, Partir a crin do cabalo salvaxe, Barrer o xeonllo, Látego sinxelo, Galo dourado ergue a pata, Esconder e Golpear, Patada alta ao cabalo, Rexeitar o mono, A grúa desprega as ás, Amarrar a cola do pardal, Tensar o arco.