Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras
O teatro galego entre 1936 e 1976
O teatro acusou o silencio literario da posguerra dun xeito moi especial, pois este é un espectáculo social que implica a posta en escena nun espazo público. Estas dificultades atrasaron a súa recuperación.
Na década dos cincuenta conflúen en Galicia tres liñas temáticas:
- Pezas que proseguen o teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos na preguerra por un sector das Irmandades da Fala (Carre Alvarellos: Meiguerías, Brétemas e raiolas; Cabanillas: O romance do cristiano e do mouro na Franqueira…).
- Pezas que continúan as liñas modernizadoras do teatro de preguerra (simbolismo, expresionismo, teatro alegórico...) (Otero Pedrayo: O desengano do Prioiro, Rosalía; Jenaro Mariñas: A serpe;