Apuntes de Lingua Galega: Descrición, Cantigas e Adxectivos

Outras linguas estranxeiras3,67 KB

Descrición

A descrición consiste en presentar os trazos característicos de seres, obxectos, lugares ou fenómenos, pertencentes ao mundo real ou imaxinario, para que o receptor poida formarse unha idea fiel deles.

Clases de descricións

  • Obxectiva: o emisor informa do descrito sen realizar valoracións persoais.
  • Subxectiva: o emisor reflicte as súas opinións e emocións sobre o que describe.

Familia de palabras

É o conxunto de palabras formadas a partir dunha mesma raíz. Poden ser regulares ou irregulares.

As cantigas de amigo

Son poemas postos na boca dunha muller namorada que fala neles da súa paixón amorosa.

Características formais

  • Refrán: Repetición dun ou máis versos ao final de cada estrofa.
  • Paralelismo: Os versos dunha estrofa volven aparecer na seguinte.
  • Leixaprén: Coller o 2º verso da 1º estrofa e usalo como 1º da 3º; o 2º da 2ª como 1º da cuarta.

Ambientes das cantigas de amigo

  • Ambiente campestre.
  • Ambiente mariño.

Variedades da cantiga de amigo

Mariñas ou barcarolas, bailadas, de romaría, albas.

Símbolos

Árbores ou bosque, auga, baño, cervo, fonte.

Tipos de texto

A descrición dunha persoa denomínase retrato. Hai 2 tipos de retrato: prosopografía (retrato físico) e etopea (retrato de carácter).

A prefixación

É un procedemento de formación de palabras que consiste en antepoñer un prefixo a un lexema.

Función do complemento do núcleo nominal

É típica dos adxectivos.

Os adxectivos cualificativos

Son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que se poden dicir dos substantivos.

  • Poden ser: dunha terminación: Feliz/Triste. De dúas terminacións: Alto/Alta.
  • Adxectivos especificativos: Neno ALTO.
  • Adxectivos explicativos: Frío xeo; sangue VERMELLA.

Graos dos adxectivos

  • Positivo: Alta.
  • Comparativo:
    • Superioridade: máis alta ca/que/do que.
    • Igualdade: Tan alta coma/como.
    • Inferioridade: menos alta ca/que/do que.
  • Superlativo:
    • Moi alto.
    • Altísimo, -érrimo.
    • Super..., hiper..., ultra....
    • O máis... da (relativo).

A cantiga de amor

É un poema de contido amoroso en que un poeta namorado expresa a súa fidelidade e admiración por unha muller nobre, a señor.

Orixe da cantiga de amor

  • Na poesía dos trovadores provenzais.
  • O amor cortés: Relación sentimental entre un cabaleiro e unha muller nobre.
  • A cançó provenzal e a cantiga de amor.

Tipos de cantigas de amor

  • De refrán: Con características da cantiga de amigo.
  • De mestría: Imitan o modelo provenzal.

Recursos estilísticos máis característicos das cantigas de amor

O dobre, o mordobre, a atafinda, a afinda.

Diferenzas coa cantiga de amigo

Cantiga de amor: o poeta fala en 1ª persoa, nos 1º versos aparece o termo señor, personaxes: trobador e a dona, escaseza de referencias espaciais, análise dos estados de ánimo do namorado, preferencia pola cantiga de mestría.

Cantiga de amigo: O poeta fala por boca dunha muller, aparece o termo amigo, personaxes: a nai, irmáns, natureza, natureza rural, análise dos estados de ánimo da amiga, preferencia pola cantiga de refrán.

Descargar

PDF Word HTML