Literatura Galega da Posguerra: Poesía e Narrativa

Outras linguas estranxeiras2,81 KB

Promoción de Enlace

Non teñen un traballo en común. Supuxeron a unión entre os poetas vellos e os máis novos e recreaban o clima de angustia que vivía España na posguerra.

Antonio Tovar

Ten intención social conxugada con poemas intimistas.

Manuel Cuña

Publica un libro que supón a aparición dunha nova poesía.

Luz Pozo

Ten influencias do pensamento clásico e da tradición poética galega.

Festas Minervais

Características

  • Non viviron directamente a Guerra Civil.
  • Gozan de estudos universitarios.
  • Senten interese pola cultura europea.
  • Fundan o grupo Brais Pinto.

Evolución poética

Ten unha primeira etapa da Escola da Tebra, cunha visión atormentada da vida, con ideas como o existencialismo ou a literatura do suburbio.

Segunda etapa: prodúcese unha evolución cara á poesía social, na que se denuncia a falla de liberdade e destaca Longa Noite de Pedra.

Uxío Novoneyra

Colaborou no grupo Brais Pinto. Fai composicións breves pero intensas. Ten dúas vertentes:

Paisaxística

Destaca a soidade da persoa en contacto coa natureza da súa bisbarra natal. Destaca Os Eidos.

Social

Ten carácter político e reivindicativo. Destaca Do Courel a Compostela.

Manuel María

Ten varias etapas:

Etapa en Lugo (Escola da Tebra)

Ton intimista e desacougado. Obras como Terra Chá (na que non ten ton intimista nin desacougado, fai un retrato da bisbarra natal) e Advento.

Crítica social

Obras como Documentos persoais, Remor, Versos para construír unha patria.

Logo da Ditadura

Trata temas persoais, carácter intimista, con obras como A primavera de Venus.

Narrativa dos 60

Busca romper co ruralismo e o estilo tradicional. Está representada por Méndez Ferrín, Carlos Casares e Xosé Luís Queizán.

Características

  • Cambios formais:
    • Multiperspectivismo
    • Monólogo interior
    • Fluír da conciencia
    • Ruptura coa linealidade do tempo
    • Ollada obxectiva
    • Espazos sen referencia inmediata
  • Aborda temas novos.
  • Os autores son universitarios que non viviron a Guerra Civil.

Influencias

  • Nouveau Roman
  • Autores europeos como Kafka (literatura do absurdo), Faulkner e Joyce (monólogo interior).

Etapa de madurez de Cunqueiro, Fole e Blanco Amor

Prodúcese unha etapa de madurez na obra destes autores.

Narrativa Realista

Representada por Neira Vilas. Inténtase reflectir a vida da época: Galicia rural e de inmigración.

Descargar

PDF Word HTML