Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Outros cursos

Reformismo Borbónico e Ilustración en Galicia e España

Historia2,84 KB

O reformismo borbónico en Galicia

A chegada dos Borbóns supón a implantación da monarquía absoluta. Aparecen ideas para modernizar a política e a economía do reino. Galicia adquire unha gran importancia estratéxica polo control das rutas marítimas atlánticas.

Ferrol, capital do departamento marítimo e arsenal

En 1726, Felipe V dividiu a costa en tres departamentos: Cádiz, Ferrol e Cartagena. En cada un deles estableceuse un arsenal, unha base naval con estaleiros e almacéns de armas.

Ferrol foi escollido pola súa ría, doada de defender. Fernando VI trasladou instalacións a Ferrol e Carlos III abriu a Academia de Guardiamarinas, para formar futuros oficiais. O arsenal transformou un pequeno pobo de pescadores na cidade máis poboada...

Seguir lendo "Reformismo Borbónico e Ilustración en Galicia e España" »

Rusia tsarista, revolucións de 1917 e construción da URSS

Historia4,14 KB

Rusia tsarista

Imperio inmenso e atrasado, con multitude de nacionalidades, agricultura tradicional e escasa industrialización, poder absoluto do tsar e predominio da aristocracia terratenente. A burguesía era escasa, a maioría da poboación era campesiña e o proletariado era reducido. O poder da Igrexa ortodoxa, a pobreza e a falta de liberdades completaban un panorama de forte desigualdade.

Oposición ao tsarismo

Diversas forzas políticas, liberais e obreiras, opuxéronse ao tsarismo.

Revolución de 1905

Demandas: asemblea constituínte, mellores condicións de vida e reforma agraria.

  • Créanse os soviets.
  • Resultado: créase a Duma, pero non se producen cambios en profundidade.

Revolucións de 1917

Revolución de febreiro (liberal)

Causas: participación...

Seguir lendo "Rusia tsarista, revolucións de 1917 e construción da URSS" »

Industrialización en Gran Bretaña e Europa: Causas e Bases da Revolución Industrial

Historia4,5 KB

Proceso de industrialización (a industrialización estendeuse a outros países)

Gran Bretaña, o primeiro país industrial do mundo

Para explicar a orixe da primeira industrialización en Gran Bretaña alégranse numerosas causas: a abundancia de recursos naturais (lá, algodón, ferro e carbón), o forte crecemento demográfico, as transformacións agrarias, o crecemento da demanda, a súa posición favorable no comercio internacional, a dispoñibilidade de capital, as innovacións tecnolóxicas, etc.

A difusión da industrialización na Europa continental

Os británicos intentaron reservarse o coñecemento e a aplicación das novas técnicas fabrís, pero estas difundíronse inevitablemente pola Europa continental, incluso na época do enfrontamento...

Seguir lendo "Industrialización en Gran Bretaña e Europa: Causas e Bases da Revolución Industrial" »

A Segunda Guerra Mundial: Causas, Fases e Vitoria Aliada

Historia3,08 KB

Causas da Segunda Guerra Mundial

  • 1. Crise económica e crise das democracias: o Crack do 29 provocou pobreza e favoreceu o auxe dos Estados autoritarios.
  • 2. Conflitos da I Guerra Mundial: o Tratado de Versalles e o descontento italiano aumentaron as tensións internacionais.
  • 3. Política expansionista: Alemaña, Italia e Xapón invadiron diversos territorios e romperon os tratados vixentes.
  • 4. Política de calma: Francia e Gran Bretaña fixeron concesións a Hitler co obxectivo de evitar un novo conflito bélico.
  • 5. Fracaso da Sociedade de Nacións: a organización non conseguiu impedir as agresións dos países expansionistas.

O dominio das potencias do Eixe (1939-1942)

  • Setembro de 1939: Alemaña invade Polonia mediante a Blitzkrieg (guerra relampo)
...
Seguir lendo "A Segunda Guerra Mundial: Causas, Fases e Vitoria Aliada" »

O Reformismo Borbónico en Galicia: Reformas, Centralismo e Impulso Naval

Historia3,08 KB

O Reformismo Borbónico en Galicia

O Reformismo Borbónico consistiu nas reformas políticas e económicas impulsadas polos reis Borbóns a partir de 1700, baseadas na monarquía absoluta, o centralismo e o Despotismo Ilustrado.

Durante o século XVIII destacaron Fernando VI e, sobre todo, Carlos III, quen promoveu reformas con ministros como Grimaldi e Esquilache, mais atopou oposición da nobreza e da Igrexa. O Motín de Esquilache (1766) obrigouno a moderar o seu programa, aínda que continuou con ministros españois como Aranda e Floridablanca.

As reformas buscaron mellorar a agricultura, a industria e o comercio, pero tiveron resultados limitados, xa que se mantiveron a sociedade estamental e a monarquía absoluta.

O Reformismo Borbónico

...
Seguir lendo "O Reformismo Borbónico en Galicia: Reformas, Centralismo e Impulso Naval" »

O Estado: Definición, Funcións, Tipos e Separación de Poderes

Historia3,11 KB

Definición e Elementos Constitutivos do Estado

O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e á súa autoridade están sometidos todos os seus habitantes.

Elementos do Estado

Os Estados están constituídos por:

  • Poboación: Cidadáns con dereitos recoñecidos e obrigas (como pagar impostos).
  • Territorio: Delimitado por fronteiras sobre o que o Estado exerce a súa soberanía.
  • Leis: Un conxunto de leis que regulan a convivencia e que todos os cidadáns deben cumprir.

O Estado Democrático e a Constitución

Nos Estados democráticos, a norma suprema é a Constitución, onde se establecen os principios dos que derivan as demais leis.

Funcións Esenciais do Estado

O Estado desempeña diversas funcións cruciais:

  • Establece
...
Seguir lendo "O Estado: Definición, Funcións, Tipos e Separación de Poderes" »

Ciencias suevos

Historia3,18 KB

2. OS REINOS XERMANICOS DA PENINSULA IBERICA: VISIGODOS E SUEVOS.

Visigodos. Un dos moitos pobos xermanicos, os visigodos, entrou no ano 415. Antes xa o fixeran os suevos, instalados en Galicia, os vandalos e os alanos. Entre todos remataron co poder romano na Peninsula.

Os visigodos someteron aos demais pobos; unificaron o territorio da Peininsula baixo o seu poder; estableceron unha monarquia con capital en Toledo; unificaron as leis deles mais as dos hipanoromanos (libros dos xuidos ou foro xulgo) e converteronse ao catalicismo. O rei contaba co apoio dos concilios de Toledo, que eran asambleas de bispos, inciandose asi a intervencion da Ifrexa nos asuntos politicos de Occidente.

No ano 711 penetraron os musulmans na peininsula e puxeron fin

...
Seguir lendo "Ciencias suevos" »

Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento (1939-1975)

Historia6,2 KB

O Franquismo: Dúas Etapas Económicas (1939-1975)

Co final da Guerra Civil, o bando sublevado impuxo o seu modelo político e ideolóxico, caracterizado como unha ditadura militar baseada no nacionalismo español. Este modelo incorporaba ideas dos falanxistas, do conservadurismo antiparlamentario e do catolicismo tradicional, negando o reformismo republicano e impedindo o liberalismo, o comunismo, o antiseparatismo e o anticatolicismo.

Dúas Etapas Económicas Durante o Franquismo

Durante o franquismo a economía pasou por dúas etapas:

  • Autarquía (1939-1959)
  • Tecnocrática, Desenvolvista ou de Planificación Indicativa (1959-1975)

A Autarquía (1939-1959)

A etapa da autarquía chámase así porque perseguía o autoabastecemento. O establecemento...

Seguir lendo "Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento (1939-1975)" »

A Ilustración: Pensamento, Crítica e Legado Histórico

Historia4,7 KB

O Pensamento Ilustrado: Fundamentos e Impacto

O pensamento crítico sobre os fundamentos que sostiñan a sociedade do Antigo Réxime, que contribuíu á súa disolución e estableceu as bases do pensamento moderno e do coñecemento científico. Este movemento intelectual e as súas propostas prácticas son coñecidos co nome de Ilustración. A Ilustración caracterízase pola valoración da razón humana, pola importancia concedida á necesidade de progreso económico e social, e pola crítica do pensamento relixioso tradicional.

O Século das Luces: Razón e Crítica

A explicación racional do mundo viña para iluminar as sombras herdadas da tradición ou da superstición. Algúns pensadores cuestionaban, en maior ou menor grao, os fundamentos...

Seguir lendo "A Ilustración: Pensamento, Crítica e Legado Histórico" »

Estado liberal en España: Etapas e Crise (1833-1868)

Historia3,67 KB

A Primeira Guerra Carlista

Nesta guerra enfrontáronse os carlistas contra os isabelinos. Os primeiros defendían o Antigo Réxime e a monarquía absoluta, mentres que os segundos propoñían a abolición do Antigo Réxime e a implantación dun estado liberal. Os carlistas tiñan o apoio social da nobreza rural, do clero e do campesiñado, mentres que os isabelinos contaban coa alta nobreza, cos funcionarios, coa burguesía e coas clases populares urbanas.

Tivo dúas etapas:

  • De 1833 a 1836: expansión e vitorias carlistas.
  • De 1836 a 1840: progresivo debilitamento dos carlistas, expedicións e vitoria liberal.

A construción do estado liberal (1833-1843)

Primeiro, a revolución liberal

Iníciase en 1836 coa chegada dos progresistas ao poder. Esta revolución...

Seguir lendo "Estado liberal en España: Etapas e Crise (1833-1868)" »