Estado liberal en España: Etapas e Crise (1833-1868)
A Primeira Guerra Carlista
Nesta guerra enfrontáronse os carlistas contra os isabelinos. Os primeiros defendían o Antigo Réxime e a monarquía absoluta, mentres que os segundos propoñían a abolición do Antigo Réxime e a implantación dun estado liberal. Os carlistas tiñan o apoio social da nobreza rural, do clero e do campesiñado, mentres que os isabelinos contaban coa alta nobreza, cos funcionarios, coa burguesía e coas clases populares urbanas.
Tivo dúas etapas:
- De 1833 a 1836: expansión e vitorias carlistas.
- De 1836 a 1840: progresivo debilitamento dos carlistas, expedicións e vitoria liberal.
A construción do estado liberal (1833-1843)
Primeiro, a revolución liberal
Iníciase en 1836 coa chegada dos progresistas ao poder. Esta revolución consistiu na abolición do Antigo Réxime e na substitución do absolutismo por un sistema político liberal. As principais reformas foron:
- A Constitución de 1837, co sufraxio censitario.
- A reforma agraria liberal, coa abolición do Antigo Réxime.
- A desvinculación e a desamortización.
- Tamén se tomaron medidas liberalizadoras da industria e do comercio.
Despois, o estado liberal
Fundamentouse sobre a soberanía nacional, o constitucionalismo e o parlamentarismo. Tamén se produce unha grande alternancia no poder entre progresistas e moderados, e os marxinados do sistema eran os demócratas e os republicanos. A inestabilidade política provocou a intervención do exército debido a diversos pronunciamentos, á fraude electoral, á intrusión da Coroa e a diversas revoltas populares para conseguir o cambio político.
Etapas do estado liberal:
- A rexencia de María Cristina (1833-1840), na que se producen tres cambios:
- Comeza un goberno de transición.
- Logo gobernan os progresistas.
- Finalmente, os moderados.
- A rexencia de Espartero (1840-1843):
- Primeiramente, empezan os progresistas no poder.
- Cambian a un autoritarismo do rexente ata que se produce unha división e unha crise do progresismo.
A etapa moderada (1843-1868)
Divídese á súa vez en tres etapas:
Década moderada (1844-1854)
As bases ideolóxicas nas que se baseaba a nación nesa época eran o liberalismo doutrinario (lei e orde), coa Constitución de 1845. Contaba co apoio da burguesía terratenente, da Coroa, de parte do exército e da Igrexa. Coa institucionalización do estado faise un concordato coa Santa Sé, unha reforma da administración, así como tamén fiscal e xurídica, e créase a Garda Civil. Con esta institucionalización prodúcese un centralismo, un uniformismo e unha xerarquización do estado.
Bienio progresista (1854-1856)
Cun pronunciamento no primeiro ano dos progresistas e da Unión Liberal. Tamén se formula un novo proxecto da Constitución que non é aprobado. Faise a Lei de Ferrocarrís e unha desamortización de Madoz que afecta ao estado e á Igrexa. Por último, prodúcense diversos conflitos sociais, polo que se inicia o obreirismo.
Crise do moderantismo (1856-1868)
Etapa na que se alternan dous gobernos diferentes:
- Os unionistas: prodúcese unha estabilidade política e un crecemento económico. Tamén a política exterior adquire prestixio con expedicións a Indochina, Marrocos e México.
- Os moderados: prodúcese un pacto entre unionistas, progresistas e demócratas para derrocar a Isabel II. Tamén se producen represións contra a oposición, un autoritarismo do goberno e unha forte crise económica en 1866.