Análise de Mapas Sinópticos: Anticiclóns, Borrascas e Frontes
Análise de Mapas Sinópticos
Estamos ante un mapa sinóptico ou mapa do tempo en superficie que representa o estado da atmosfera nun momento determinado, mediante isóbaras, é dicir, liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica medida en milibares (mb) ou hectopascais (hPa). Represéntanse xeralmente en intervalos de 4 mb. Identifícanse os centros de acción (anticiclóns e borrascas) coa súa presión central.
Centros de Acción e Circulación Atmosférica
Antes de precisar o tipo de tempo que se dá nunha zona, é importante explicar os factores termodinámicos da circulación atmosférica. Os Centros de Acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica normal a nivel do mar é de 1013,25 mb (ou hPa). Nos mapas