Ondas, Átomos e Enlaces Químicos: Guía de Conceptos Clave
Ondas: Tema 7
Onda: Posición que adopta en cada instante a perturbación que se produciu. Movemento ondulatorio: É unha forma de transmisión de enerxía que non vai acompañada de transporte de materia.
Ondas mecánicas: Son as que se orixinan ao producir unha perturbación nun medio elástico.
Ondas electromagnéticas: Non precisan un medio elástico para transmitirse. Fano no baleiro.
Fronte de Onda: Superficie formada polos puntos que foron acadados pola perturbación nun mesmo intre.
Velocidade de propagación: Distancia que percorre a onda en cada unidade de tempo.
Lonxitude de onda: Distancia que separa dous puntos consecutivos dunha onda que vibran de idéntico xeito.
Período (T): Tempo que tarda unha perturbación en percorrer unha lonxitude de onda. Mídese en segundos.
Frecuencia (f): Número de vibracións que realiza un punto na unidade de tempo. Mídese en Hertz (Hz).
Amplitude: Separación máxima da posición de equilibrio de cada un dos puntos medios que oscilan.
Intensidade: Cantidade de enerxía que flúe polo medio a través da unidade de superficie perpendicular á dirección de propagación na unidade de tempo.
Ondas transversais: Nestas ondas as vibracións das partículas en torno ao seu punto de equilibrio prodúcense en dirección perpendicular á da propagación.
Período (T) mídese en segundos = 1 / frecuencia (f) mídese en Hz
Átomo: Tema 8
Número Atómico (Z): É o número de protóns dun átomo e indícase no subíndice inferior.
Número Másico (A): Suma dos protóns e neutróns contidos no núcleo e indícase no superíndice superior.
Isótopos: Son átomos dun mesmo elemento que teñen o mesmo número atómico pero distinto número másico.
Masa atómica: Masa dun átomo medida en comparación coa do átomo de carbono-12.
Radioactividade: É o fenómeno polo cal os núcleos dos átomos de certos elementos son capaces de emitir, de maneira espontánea, radiacións que lles transforman noutros elementos.
Dalton
- A materia está formada por átomos indivisibles.
- Os átomos son invariables.
- Os átomos dos elementos están formados por átomos iguais: teñen a mesma masa e as mesmas propiedades químicas.
- Os átomos de diferentes elementos teñen masas e propiedades químicas diferentes.
- Os compostos químicos están formados pola combinación de átomos de dous ou máis elementos diferentes.
- Cando dous ou máis átomos de distintos elementos se combinan para formar un mesmo composto, fano nunha relación de números enteiros sinxelos e específica.
Modelo co Neutrón
- O átomo é divisible porque contén partículas materiais subatómicas.
- Algunhas destas partículas do átomo teñen carga eléctrica negativa.
- O resto do átomo constitúe a maior parte da masa deste e ten carácter positivo.
- Como o átomo é electrónicamente neutro hai que deducir que o número de cargas eléctricas negativas é igual ao número de cargas positivas.
(PONER EN EL EXAMEN NOMBRE PARTÍCULAS.)
Enlace Químico
O enlace químico é a forza de atracción que mantén unidos os átomos nas distintas agrupacións atómicas.
Enlace covalente: É cando o átomo acada a estabilidade compartindo electróns con outros átomos.
Enlace iónico: Baséase na transferencia de electróns e consiste na atracción electrostática entre os ións positivos e negativos.
Enlace metálico: Fórmase cando as capas electrónicas exteriores dos átomos metálicos se solapan e os electróns fican deslocalizados sen pertencer a ningún átomo en concreto.
Mol: Cantidade de substancia dun sistema que contén tantas entidades elementais como átomos hai en 12 g de C-12, que son 6,022x10^23 unidades.
Masa molar: É a masa dun mol de átomos, moléculas, ións, etc.