Principais Fenómenos Ondulatorios
Reflexión: É o fenómeno polo cal unha onda cambia a súa dirección de propagación ao chegar á superficie de separación de dous medios, sen cambiar de medio.
Interferencia: Superposición de dúas ou máis ondas nun punto.
Principio de superposición: Di que a vibración resultante no punto de interferencia é a suma das perturbacións que sufriría dito punto debido á acción individual de cada unha das ondas se actuasen independentemente.
Interferencia construtiva: É aquela que ten unha amplitude maior (en valor absoluto) que cada unha das amplitudes das ondas iniciais, como consecuencia do reforzamento entre elas.
Interferencia destrutiva: Cando ten unha amplitude menor (en valor absoluto) que cada unha...