Métodos científicos e magnitudes

Física23,7 KB

Métodos científicos

Observación: Consiste na percepción programada dun ou máis feitos, coa intención de integrar un fenómeno determinado.

Hipótese: É unha suposición que, para ser válida, debe referirse a unha situación real, e formularse do xeito máis preciso posible e mediante variables concretas.

Experimentación: É repetir a observación dun fenómeno en condicións controladas tan especiais que non se dean na natureza.

Análise dos resultados: Trata de analizar os resultados e estudar a relación que existe entre eles para comprobar se a hipótese de partida era certa ou non.

Leis: É unha hipótese confirmada.

Teoría científica: É un conxunto de leis cuxa función primordial é a de explicar as regularidades descritas por estas.

Modelo: É unha abstracción mental que se emprega para poder explicar algúns fenómenos e para reconstruír, por aproximación, o obxecto considerado na investigación.

Notación científica

Consiste en escribir unha magnitude determinada mediante un número decimal cunha única cifra enteira, a das unidades, e unha potencia de base 10 con expoñente positivo ou negativo.

A precisión dun instrumento é a variación de magnitude máis pequena que o devandito instrumento pode apreciar ou determinar.

Cifra significativa é o número de díxitos que se coñecen con seguridade dunha medida.

Erro accidental: É o debido a unha causa imprevisible que non se presenta sempre que se realiza a medida.

Erro sistemático: É o que se presenta sempre que se tenta efectuar a medida, debido a que está producido por un mal funcionamento ou polo propio método de medida.

Conceptos básicos de cinemática

Posición

Un sistema de coordenadas cartesianas é un sistema de eixos de coordenadas orientado no espazo, no que se especifica a orixe de coordenadas e no que se lle asigna un conxunto delas a cada punto do espazo.

Traxectoria

É a liña imaxinaria que describe un corpo ao se desprazar. Esta liña fórmana as posicións polas que pasou o corpo durante o seu movemento.

Desprazamento

É a diferenza de posición que ocupa un corpo entre dous instantes de tempo considerados. Exprésase en metros.

Velocidade

É a rapidez coa que un corpo cambia de posición. A velocidade media é o desprazamento efectuado por un corpo na unidade de tempo. A velocidade instantánea é a velocidade dun corpo ou móbil en cada instante ou nun determinado punto da traxectoria.

Velocidade como vector

  • O punto de aplicación é a posición do móbil en cada momento da súa traxectoria.
  • A dirección é tanxente á traxectoria e coincide con ela no movemento rectilíneo.
  • O sentido é o do movemento.

Formula

Formula

Aceleración

É a rapidez coa que varía a velocidade dun corpo. A aceleración media é a variación na velocidade na unidade de tempo. Se tomamos como unidade de velocidade o m/s e como unidade de tempo o segundo, a unidade de aceleración no SI será o m/s2.

Formula

Aceleración como vector

  • O punto de aplicación é a posición do móbil en cada instante.
  • A dirección do vector aceleración nun movemento rectilíneo é a mesma que a dos vectores desprazamento e velocidade.
  • O sentido do vector aceleración non sempre coincide co da velocidade.
  • O módulo é:

Formula

Conceptos básicos de cinemática (Repaso)

Descargar

PDF Word HTML