A alienación e a estrutura da sociedade segundo Marx
Comentario
Marx divide a sociedade en infraestrutura económica, a base real que é o conxunto de actividades polas cales os homes producen os bens necesarios para satisfacer as súas necesidades. A actividade produtiva é a actividade principal do home, que o implica nunha relación dobre coa natureza e cos outros homes. Dous elementos que a forman son: as forzas produtivas (capacidade de produción dunha sociedade concreta) e as relacións de produción. A superestrutura ideolóxica, que é o conxunto de ideas, representacións e institucións derivadas e encargadas de mantela e de xustificala. Ambas conforman a estrutura da sociedade ao igual que a infraestrutura determina a superestrutura, a vida real determina a conciencia e por iso o problema...