Estado, Unión Europea, ONU e ONG: conceptos fundamentais
Estado, territorio e soberanía
Estado: é unha organización política e administrativa que goberna un territorio de forma independente.
Territorio: é o espazo xeográfico sobre o que o Estado exerce o seu poder. As fronteiras sepárano doutros Estados.
Soberanía: é a capacidade de tomar decisións vinculantes para a poboación dun Estado no marco do seu territorio.
Tipoloxía de Estados
Estado centralizado puro ou unitario
Estado centralizado puro ou unitario: é aquel no que todas as competencias recaen na Administración central que as exerce de forma total e exclusiva (Ex.: Mónaco).
Estado centralizado con descentralización administrativa
Estado centralizado con descentralización administrativa: é aquel no que as competencias residen nas institucións centrais (Administración central), pero se delega parte delas en organismos locais e rexionais (Ex.: Francia).
Estado descentralizado
Estado descentralizado: nel, a Administración central mantén a súa autoridade en todo o territorio, pero os poderes rexionais contan con competencias propias; teñen gobernos e parlamentos propios (Ex.: España).
Constitución e poderes do Estado
Constitución: lei básica dos países democráticos. Contén os dereitos e deberes da cidadanía.
- Poder lexislativo: encargado de aprobar as leis e controlar o goberno; recae no Parlamento.
- Poder executivo: goberna o país, aplica as leis e dirixe a Administración do Estado.
- Poder xudicial: vela polo cumprimento das leis; exercesnos os xuíces e tribunais.
Formas de xefatura do Estado
Monarquía: sistema político no que a xefatura do Estado é exercida por un monarca (rei ou raíña), normalmente por herdanza. Exemplos: España, Holanda, Suecia.
República: sistema político no que a xefatura do Estado é exercida por un presidente ou unha presidenta elixidos polos cidadáns. Exemplos: Francia, Portugal, Alemaña.
Réximes políticos
Réximes democráticos: réximes políticos nos que o poder é exercido por persoas elixidas por todos os cidadáns, existen diferentes partidos políticos e respétanse os dereitos fundamentais de toda a cidadanía.
Ditadura: réxime político no que o poder é exercido por unha soa persoa ou por un grupo que se impón pola forza; non hai pluralidade de partidos e non se recoñecen os dereitos civís básicos.
Estado frustrado: é aquel no que o Estado non é quen de cumprir as súas principais funcións (controlar o seu territorio, defender aos seus cidadáns ou prestar servizos básicos). Ex.: Somalia.
Monarquía parlamentaria: sistema político no que o rei é a xefatura do Estado, pero o poder efectivo corresponde ao pobo e exerceo o Goberno elixido.
Administración local e fiscalidade
Estatuto de Autonomía: documento que recolle as institucións de goberno e as competencias dunha Comunidade ou Cidade Autónoma en España.
Municipio: unidade territorial máis elemental na que se divide o territorio no Estado español; está gobernado por un concello.
Concello: órgano de goberno dun municipio. Está formado polo alcalde ou alcaldesa e polos concelleiros e concelleiras.
Impostos: pagos obrigatorios que deben facer os individuos e as empresas ao Estado ou a unha administración pública.
Sistema fiscal progresivo: é aquel no que canto maior é a capacidade económica dunha persoa, máis impostos debe pagar.
Que funcións desempeña un Estado?
- Cubrire as necesidades básicas da poboación (por exemplo: sanidade, educación, obras públicas...)
- Regula as relacións laborais e pon en marcha políticas de emprego
- Dirixe a política económica
- Mantén a orde pública dentro das súas fronteiras e defende o seu territorio de posibles agresións exteriores
- Mantén relacións internacionais
Unión Europea
Que é a Unión Europea?
É unha organización formada por 27 países europeos que teñen un proxecto económico e político común, na cal os países membros lle ceden á UE parte da súa soberanía.
Obxectivos da Unión Europea
- Alcanzar un progreso económico e social equilibrado en todos os Estados da Unión e respectuoso co medio ambiente
- Loitar contra a desigualdade social
- Ter unha política internacional común e dar axudas humanitarias a outros países
Principais institucións da UE
O Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e a Comisión Europea.
Dereitos da cidadanía europea
- A libre circulación e o dereito a traballar ou estudar libremente en calquera país da UE
- O dereito a recibir atención médica en calquera país da Unión
- O dereito a votar nas eleccións ao Parlamento Europeo e nas municipais do Estado membro no que se resida
- O cumprimento e respecto dos dereitos humanos recollidos na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE
Organizacións internacionais
Que é unha organización internacional?
É unha entidade formada por varios países. Os seus obxectivos son fomentar a colaboración e evitar conflitos entre eles, e establecer programas de actuación conxunta.
ONU (Organización das Nacións Unidas)
A ONU é unha organización fundada en 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, que conta con 193 Estados membros e que é o principal foro de mediación e cooperación internacional entre países.
Dende a súa fundación ten como finalidades fundamentais preservar a paz mundial e defender os dereitos humanos.
Axencias vinculadas á ONU e os seus cometidos
- UNESCO: educación, ciencia e cultura.
- FAO: alimentación e agricultura.
- UNICEF: defensa dos dereitos e benestar da infancia.
- OMS: saúde.
ONG: definición e exemplos
Que é unha ONG?
Unha ONG (Organización Non Gubernamental) é unha entidade privada sen ánimo de lucro creada con fins humanitarios e sociais e que non depende dos gobernos dos Estados.
Entre as máis importantes a nivel mundial están:
- Cruz Vermella: accións humanitarias.
- Save the Children: protección da infancia.
- Médicos sen Fronteiras: asistencia médica e accións humanitarias.
- Greenpeace: protección da natureza e do medio ambiente.