Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bioloxía

Regulación da Expresión Xénica: Operón Lac en Procariotas

Bioloxía4,13 KB

Regulación da Expresión Xénica

A regulación ou control da expresión dos xenes é imprescindible para que a célula consiga as proteínas e o resto das biomoléculas que precisa. As células non sintetizan todos os tipos de proteínas sobre as que teñen información codificada no ADN.

O sistema de regulación xénica está baseado principalmente no control da transcrición (síntese do ARNm). A cantidade de proteínas sintetizadas depende directamente da cantidade de ARNm presente no hialoplasma. Polo tanto, a regulación da síntese de ARNm permite controlar o metabolismo celular.

En procariotas, a síntese de ARNm adoita depender da dispoñibilidade do substrato no medio. En eucariotas, pode depender, entre outros factores, das concentracións...

Seguir lendo "Regulación da Expresión Xénica: Operón Lac en Procariotas" »

Órganos, Sistemas e Aparatos do Corpo Humano

Bioloxía3,06 KB

Órganos, Sistemas e Aparatos

Os órganos son a agrupación de diversos tecidos asociados para levar a cabo unha función particular. (Exemplos: Estómago, Pulmón).

Os sistemas están formados por órganos compostos polo mesmo tipo de tecido que realizan unha función determinada.

Os aparatos están formados por un conxunto de órganos de diferente composición e función, que actúan de maneira coordinada para levar a cabo unha función superior.

O organismo do ser humano está composto pola integración coordinada de todos os seus sistemas e aparatos.

Sistemas Principais

  • Sistema circulatorio: Está composto polos vasos sanguíneos e o corazón. Conduce o sangue e distribúe substancias e osíxeno, tamén recolle as substancias de refugallo.
  • Sistema
...
Seguir lendo "Órganos, Sistemas e Aparatos do Corpo Humano" »

Os Tecidos do Corpo Humano: Guía Completa e Funcións

Bioloxía3,13 KB

Os Tecidos do Corpo Humano

Un tecido é un conxunto de células semellantes que realizan unha mesma función de maneira coordinada.

Tipos de Tecidos

Tecido Epitelial

Está formado por células fortemente adheridas unhas ás outras para formar capas de células.

  • Epitelio de Revestimento

    Recobre e protexe as superficies externas ou condutos internos do noso organismo.

    • As mucosas recobren a cavidade bucal, o tracto intestinal, as vías respiratorias, etc.
    • O endotelio recobre o interior dos vasos sanguíneos, o corazón...
    • A epiderme é a capa máis externa da pel.
  • Epitelio Glandular

    Agrupa células que segregan distintas substancias, chamadas glándulas:

    • Glándulas exócrinas: Producen substancias que son vertidas ao exterior ou ao interior do corpo.
    • Glándulas
...
Seguir lendo "Os Tecidos do Corpo Humano: Guía Completa e Funcións" »

Encéfalo e Medula Espinal: Estrutura e Funcións

Bioloxía3 KB

A.1) Encéfalo

A parte máis voluminosa é o cerebro. Outras partes voluminosas son o cerebelo e o tronco encefálico. Outras partes máis pequenas son o tálamo e o hipotálamo.

Cerebro

  • Gran suco medio → 2 hemisferios cerebrais (esquerdo → “analítico”; dereito → “creativo”).
  • Outras fendeduras → rexións: lóbulo frontal, parietal, temporal e occipital.
  • A cortiza ten moitos repregamentos ou circunvolucións → gran superficie, en pouco espazo → intelixencia.
  • Ambos os hemisferios están conectados a través dunha estrutura presente na cisura central, o corpo caloso.

Tronco encefálico

  • Vía pola que discorren os nervios.
  • Contén numerosas pequenas áreas de substancia gris = núcleos responsables das funcións autónomas precisas para
...
Seguir lendo "Encéfalo e Medula Espinal: Estrutura e Funcións" »

Funcionamento das neuronas e a sinapse

Bioloxía3,93 KB

Funcionamento das neuronas

As características relacionadas coa actividade da neurona son a excitabilidade e a condutividade.

  • Especializadas en transmitir o impulso nervioso = “mensaxe electroquímica” (neurotransmisores).
  • A capacidade para captar e transmitir os sinais radica principalmente na membrana plasmática das neuronas. Dentro e fóra da neurona hai diferente concentración de ións:
    • Medio extracelular: gran concentración de Na+ e Cl-.
    • Medio intracelular: gran concentración de K+ e ións de diversos ácidos orgánicos (carga -).

O impulso nervioso

  • O impulso nervioso defínese mellor como unha corrente electroquímica, xa que se debe ao movemento de ións, a través da membrana neuronal, que provoca unha redistribución de cargas eléctricas
...
Seguir lendo "Funcionamento das neuronas e a sinapse" »

O Tecido Nervioso: Neuronas e Células Gliais

Bioloxía3,36 KB

O Tecido Nervioso


Formado por:


  • Neuronas
  • Células gliais ou da neuroglía


Neuronas:


  • Unidades funcionais e estruturais do sistema nervioso.
  • Poden rexenerarse? Ou as perdas son irreparáveis? ... dende últimas décadas sabemos que hai rexións cerebrais nas que si hai certa neuroxénese: esperanza!
  • Son células altamente especializadas, nas que se distinguen varias partes:


  • Soma ou corpo celular: contén o núcleo, gránulos de Nissl (porcións do RE rugoso → proteínas). Os somas das neuronas adoitan xuntarse formando ganglios nerviosos (se están fóra do SNC) ou núcleos nerviosos (dentro do SNC).
  • Dendritas (dendron = árbore): ramificacións normalmente curtas e moi numerosas, pero variables en tamaño e número. Reciben os impulsos (información)
...
Seguir lendo "O Tecido Nervioso: Neuronas e Células Gliais" »

A Función de Relación e os Sentidos: Como Percibimos o Mundo

Bioloxía2,7 KB

A Función de Relación: Percibindo o Mundo

A función de relación permítelles ás persoas percibir os cambios (estímulos) externos ou internos, interpretar ou procesar estas variacións e elaborar respostas coordinadas adecuadas para sobrevivir.

Estímulos e Receptores: A Base da Percepción

Un estímulo é un cambio físico ou químico que se produce no exterior ou no interior do organismo e desencadea nel unha resposta. No organismo existen células especializadas na captación dos estímulos, os receptores.

Tipos de Receptores Sensoriais

Os receptores poden ser internos ou externos:

  • Receptores Internos: captan cambios do medio interno, como por exemplo a subida de glicosa en sangue.
  • Receptores Externos: captan estímulos externos e clasifícanse
...
Seguir lendo "A Función de Relación e os Sentidos: Como Percibimos o Mundo" »

A Célula: Estrutura, Funcións e Ciclo Celular

Bioloxía2,78 KB

1. Partes dunha bacteria

  • Parede celular: Estrutura ríxida que lle confire forma e a protexe do medio. Está formada por mureína.
  • Membrana plasmática: Regula o tráfico de substancias co medio externo e serve de ancoraxe ao cromosoma durante a división bacteriana.
  • Citoplasma: Contido líquido-viscoso delimitado pola membrana plasmática. Contén numerosos ribosomas.
  • Cromosoma: É o material xenético bacteriano. Normalmente só hai un por célula.

2. Funcións de:

  • Mitocondrias: Encárganse da respiración celular.
  • Retículo endoplasmático: Encárgase da síntese e transporte de lípidos e proteínas.
  • Ribosomas: Estruturas formadas por proteínas e ARN.
  • Aparato de Golgi: Participa na organización do transporte celular e na maduración das proteínas.
...
Seguir lendo "A Célula: Estrutura, Funcións e Ciclo Celular" »

Reprodución Animal: Tipos, Vantaxes e Inconvenientes

Bioloxía4,43 KB

Reprodución en Animais: Tipos e Características

A función de reprodución ten por finalidade perpetuar a especie. É unha función vital a nivel de especie, aínda que un individuo particularmente pode vivir sen reproducirse.

Reprodución Asexual

Intervén un só individuo. Do individuo sepárase unha ou un grupo de células que, tras o seu desenvolvemento, dá lugar a un novo individuo, xeneticamente idéntico ao proxenitor.

Tipos de Reprodución Asexual

  • Xemación: A partir dunha protuberancia (xema) do animal, desenvólvese un novo individuo. Ás veces quedan formando colonias.
  • Xemulación (ou esporulación): No interior do individuo fórmanse xemas (xémulas) que se liberan cando morre o animal.
  • Escisión ou fragmentación: O organismo proxenitor
...
Seguir lendo "Reprodución Animal: Tipos, Vantaxes e Inconvenientes" »

Aparello Excretor: Función, Partes e Doenzas Renais

Bioloxía2,87 KB

Aparello Excretor

Está relacionado cos outros sistemas porque é o encargado de recoller os refugallos das células.

A principal vía de excreción é a excreción renal, a formación de urina, que ademais de eliminar substancias tóxicas é moi importante porque regula a cantidade de auga que hai no corpo.

Excreción Renal e Outras Vías

  • Excreción renal
  • Outras vías: glándulas sudoríparas, excreción pulmonar, excreción dixestiva, glándulas mamarias.

Glándulas Sudoríparas

Temos máis de 2 millóns de glándulas. Concentranse en certos lugares como os pés, as mans, as axilas. A súa función non é expulsar toxinas, pero fano. A súa función principal é baixar a temperatura. O suor ten unha composición parecida á urina.

Excreción Pulmonar,

...
Seguir lendo "Aparello Excretor: Función, Partes e Doenzas Renais" »