Encéfalo e Medula Espinal: Estrutura e Funcións

Bioloxía3 KB

A.1) Encéfalo

A parte máis voluminosa é o cerebro. Outras partes voluminosas son o cerebelo e o tronco encefálico. Outras partes máis pequenas son o tálamo e o hipotálamo.

Cerebro

  • Gran suco medio → 2 hemisferios cerebrais (esquerdo → “analítico”; dereito → “creativo”).
  • Outras fendeduras → rexións: lóbulo frontal, parietal, temporal e occipital.
  • A cortiza ten moitos repregamentos ou circunvolucións → gran superficie, en pouco espazo → intelixencia.
  • Ambos os hemisferios están conectados a través dunha estrutura presente na cisura central, o corpo caloso.

Tronco encefálico

  • Vía pola que discorren os nervios.
  • Contén numerosas pequenas áreas de substancia gris = núcleos responsables das funcións autónomas precisas para a supervivencia (respiración, deglutición, presión arterial, latexo cardíaco…).
  • Algúns destes núcleos son punto de partida dos nervios craniais.
  • Varias partes; destacar o bulbo raquídeo: porción inferior, que conecta a medula e o encéfalo. Funcións automáticas vitais (anteriores), reflexos (tose, vómito), centro do soño… Asume funcións vitais tan relevantes que explican por que un golpe na caluga/noca é tan perigoso.

Cerebelo

  • Detrás do cerebro. Tamén con 2 hemisferios unidos.
  • Función: coordinar os movementos (actividade muscular suave e coordinada) e manter a postura e o equilibrio.
  • Se está lesionado → ataxia: incapacidade para manter a postura; movementos torpes e desorganizados. Ex: non poder tocar o nariz cos ollos pechados…

Por que este control cruzado?

Moitas neuronas, que estenden os seus axóns cara á medula espiñal, crúzanse, sobre todo ao nivel do bulbo raquídeo → supervivencia?, deseño eficaz?... SI. Visión binocular = cruce de información. É mellor manter o cruce tamén a nivel da cortiza motora.

A.2) Medula Espinal

  • Sobre 42 cm de longo e diámetro dun polgar.
  • Subdividida nas mesmas rexións que a columna: cervical, torácica, lumbar e sacra.
  • Á inversa do encéfalo: substancia branca na periferia e substancia gris na zona interna (a modo de “bolboreta”).

Funcións principais:

  • Condutora: transmite impulsos dende o encéfalo a órganos efectores e viceversa.
  • Control de numerosos actos reflexos.

Na H central de substancia gris distínguense:

  • Astas anteriores ou ventrais: delas saen as fibras motoras.
  • Astas posteriores ou dorsais: delas saen as fibras sensitivas.

Descargar

PDF Word HTML