Funcionamento das neuronas e a sinapse
Funcionamento das neuronas
As características relacionadas coa actividade da neurona son a excitabilidade e a condutividade.
- Especializadas en transmitir o impulso nervioso = “mensaxe electroquímica” (neurotransmisores).
- A capacidade para captar e transmitir os sinais radica principalmente na membrana plasmática das neuronas. Dentro e fóra da neurona hai diferente concentración de ións:
- Medio extracelular: gran concentración de Na+ e Cl-.
- Medio intracelular: gran concentración de K+ e ións de diversos ácidos orgánicos (carga -).
O impulso nervioso
- O impulso nervioso defínese mellor como unha corrente electroquímica, xa que se debe ao movemento de ións, a través da membrana neuronal, que provoca unha redistribución de cargas eléctricas ao longo do axón.
- Por que non decae o sinal coa distancia? Pola existencia de canais iónicos: a medida que o sinal viaxa polo axón, abren/pechan comportas que permiten o paso de Na+/K+.
- No estado de repouso hai desequilibrio iónico (máis Na+ fóra e K+ e ác. org. dentro) → diferenza de potencial (potencial de repouso). É a diferenza de cargas a ambos os lados da membrana = -70 mV… desequilibrio que se mantén grazas á bomba de Na-K (gasta ATP).
- Cando hai un estímulo altérase a permeabilidade da membrana → entrada masiva de Na+ e saída de K+ = despolarización.
- A despolarización provoca a redistribución de ións → apertura de canais de Na próximos → inversión da polaridade = positiva no interior/negativa fóra → despolarización da zona continua e esta á seguinte, etc = efecto dominó.
- A despolarización varía bruscamente o potencial de repouso (pasa de -70 mV a +30 mV), producindo ese efecto dominó ou potencial de acción.
- A entrada de Na+ dura milésimas de segundo, enseguida se repolariza, xa que tras a entrada do Na+ se abren canais que permiten a saída do K+ → o potencial baixa e volve aos valores de orixe.
A sinapse
- É a zona de comunicación entre 2 neuronas.
- Nas sinapses distínguense 3 zonas:
- Zona presináptica: fin do axón da neurona que leva a información.
- Zona postsináptica: parte da neurona á que chega a información.
- Fendedura sináptica: pequeno espazo entre ambas as neuronas (non hai contacto directo).
- Na maioría das sinapses, o sinal que cruza a fendedura é unha substancia química = neurotransmisor
- Gardado nas vesículas da zona presináptica nos botóns terminais dos axóns.
- Liberación: cando o impulso nervioso chega → apertura de canais de Ca2+ → entrada de Ca2+ induce movemento das vesículas cara á membrana presináptica→ liberación do neurotransmisor.
- Actuación: o neurotransmisor chega a receptores específicos da membrana postsináptica→ cambio do seu potencial de acción que, se acada o limiar mínimo, se propagará ao longo da neurona.
- Existe outro tipo de sinapse, a eléctrica.
- A diferenza coa química está en que a fendedura sináptica é moito menor (unión por canais proteicos)
- O impulso nervioso da neurona presináptica xera unha despolarización suficiente na membrana da neurona postsináptica.
- É frecuente nalgúns invertebrados e nalgunhas rexións dos vertebrados (ex: miocardio).