O Tecido Nervioso: Neuronas e Células Gliais
O Tecido Nervioso
Formado por:
- Neuronas
- Células gliais ou da neuroglía
Neuronas:
- Unidades funcionais e estruturais do sistema nervioso.
- Poden rexenerarse? Ou as perdas son irreparáveis? ... dende últimas décadas sabemos que hai rexións cerebrais nas que si hai certa neuroxénese: esperanza!
- Son células altamente especializadas, nas que se distinguen varias partes:
- Soma ou corpo celular: contén o núcleo, gránulos de Nissl (porcións do RE rugoso → proteínas). Os somas das neuronas adoitan xuntarse formando ganglios nerviosos (se están fóra do SNC) ou núcleos nerviosos (dentro do SNC).
- Dendritas (dendron = árbore): ramificacións normalmente curtas e moi numerosas, pero variables en tamaño e número. Reciben os impulsos (información) doutras neuronas
- Axón: prolongación, normalmente única e longa (até máis de 1m), que remata nunha rexión arborizada (telodendron). Cada rama do telodendron remata nun ou varios botóns que albergan as vesículas sinápticas, cheas de neurotransmisores.
- Tipos de Neuronas: Os axóns poden estar, ou non, envoltos dunha vaina protectora de mielina (substancia graxa esbrancuxada). Cada axón (+ vaina) = fibra nerviosa. Conxunto de varias fibras, envoltas por tecidos conectivos = nervios (SNP).
- Multipolar
- Unipolar
- Bipolar
- Pyramidal cell
Células da Glía:
Células Ependimarias: células ciliadas que tapizan as cavidades do encéfalo (ventrículos) e medula (conduto do epéndimo). Os cilios axudan a mover o líquido cefalorraquídeo.
Astrocitos: células de aspecto estrelado que teñen gran relación cos vasos sanguíneos, transportando substancias entre o sangue e as neuronas.
Células da Microglía: células pequenas con gran cantidade de prolongacións moi ramificadas. Fagocitan as substancias de refugallo do tecido nervioso.
Oligodendrocitos: células con poucas prolongacións, que rodean aos axóns do SNC formando vainas de mielina. Unha célula pode abarcar varios axóns. Estas vainas son ricas en lípidos → cor esbrancuxada e actúa a modo de cuberta illante electricamente (mellor transmisión do impulso).
Células de Schawnn: células cilíndricas cuxa membrana rodea aos axóns formando capas concéntricas de mielina (vainas).
-Tanto no caso dos oligodendrocitos como nas células de Schawwn, as vainas de mielina non son continuas → interrompidas por depresións = nódulos de Ranvier. A desmielinización das neuronas xera enfermidades relacionadas co SNC. Ex: esclerose múltiple.
-A vaina de mielina, ao ser illante, fai que os impulsos eléctricos se transmitan de nódulo a nódulo → condución saltatoria → maior rapidez que nas fibras amielínicas.
-No SNC si hai neuronas amielínicas = sen oligodendrocitos.
-No SNP tódolos axóns están rodeados de células de Schawwn.