Guía de Enfermidades Infecciosas: Tipos, Transmisión e Etapas
Clasificación e Tipos de Enfermidades Infecciosas
As enfermidades infecciosas poden clasificarse en:
- Endémicas: Son exclusivas ou habituais dunha rexión concreta, onde aparecen cunha frecuencia maior que na poboación xeral. Exemplos son o paludismo en zonas tropicais e a tuberculose en Galicia.
- Epidémicas: Son enfermidades infecciosas que atacan a un gran número de persoas nun período curto de tempo.
Se unha enfermidade afecta a moitos países, ou a todo o planeta, denomínase Pandemia, como a peste, a gripe e a SIDA.
Vías de Transmisión dos Axentes Patóxenos (Contacto co Hóspede)
A transmisión dos axentes patóxenos pode ocorrer a través de:
- Contacto directo: Como o tétanos, etc.
- Vectores de transmisión: Como a malaria, a peste,