Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Primaria

Prosa Narrativa Galega Medieval: Ciclos Clásico e Artúrico

Outras linguas estranxeiras2,48 KB

Prosa Narrativa Galega Medieval

A prosa narrativa galega ten a súa orixe na tradición literaria latina, mantida pola vía eclesiástica, co engadido de elementos da cultura dos xograres. Distinguimos dous grandes núcleos temáticos:

Ciclo Clásico

Inclúense as obras que tratan temas relacionados coa Grecia clásica. Na nosa literatura só se desenvolveu o Ciclo de Troia. Este trata a Guerra de Troia, que comeza coa Ilíada e Odisea de Homero e que foi amplamente cultivado nas literaturas latinas e romances. Este ciclo contén dous textos da nosa literatura medieval. Trátase da tradución do Roman de Troie, a primeira obra de temática troiana:

  • Crónica Troiana: Códice escrito por Fernán Martíns por encargo de Pérez de Andrade. Realizado
...
Seguir lendo "Prosa Narrativa Galega Medieval: Ciclos Clásico e Artúrico" »

A Asemblea Nacional Constituínte e a Revolución Francesa

Historia2,28 KB

1.3. A Asemblea Nacional Constituínte (1789-1791)

A comezos de xullo, a ameaza dunha reacción dos privilexiados e do exército real conduciu a unha revolta popular, que significou a irrupción do pobo raso na revolución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a Bastilla, prisión e símbolo do absolutismo.

Os campesiños foron protagonistas de revoltas anti-señoriais, que se coñecen como o Gran Medo. Logo destes feitos, a Asemblea Nacional tomou unha serie de medidas que iniciaron o desmantelamento do Antigo Réxime:

  • A noite do 4 de agosto de 1789 foron abolidos todos os privilexios e os dereitos feudais da nobreza e do clero.
  • O 28 de agosto aprobouse a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán.

A Asemblea tamén elaborou unha Constitución...

Seguir lendo "A Asemblea Nacional Constituínte e a Revolución Francesa" »

Análise histórica: O incendio da fábrica Bonaplata

Historia1,5 KB

1. Parte do xeneral Pastor sobre o incendio na fábrica Bonaplata (1835)

Este texto, datado no século XIX, reflicte o ludismo e a situación do movemento obreiro nesa época. A clase obreira sufría condicións de traballo pésimas:

  • Xornadas de ata 15 horas diarias.
  • Explotación de mulleres e nenos na man de obra.
  • Obrigatoriedade de vivir preto das fábricas.
  • Desigualdade salarial de xénero.

Estas situacións incitaron aos traballadores da fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. a queimala, loitando por cambios necesarios nos seus dereitos. Os propietarios, conscientes do risco, solicitaron protección das autoridades. Durante o incendio, os intentos de defensa da fábrica derivaron en feridos e mortos. O texto...

Seguir lendo "Análise histórica: O incendio da fábrica Bonaplata" »

Causas e desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial

Historia3,11 KB

Causas da Primeira Guerra Mundial

As potencias pactaron axudas entre elas mediante sistemas de alianzas.

Sistemas Bismarckianos (1870-1890, Otto von Bismarck)

  • 1º sistema: Promoveu un sistema de alianzas internacionais:
    • Búsqueda do dominio alemán na política continental europea.
    • Creación dun bloque de potencias con centro no Imperio Alemán.
    • Contención dos inimigos de Alemaña.
    • Illamento de Francia.
  • 2º sistema: Negociacións clave:
    • 1873: Liga dos Tres Emperadores (Austria, Rusia e Alemaña).
    • 1879: Dobre Alianza (Alemaña e Austria).
    • 1887: Tratado de Reaseguro (Alemaña e Rusia; Alemaña sería neutral en loitas entre Rusia e Austria / Rusia sería neutral en loitas entre Alemaña e Francia).

Inicio do conflito

Detonante: O 28 de xuño de 1914 prodúcese...

Seguir lendo "Causas e desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial" »

Prexuízos Lingüísticos en Galicia: Impacto e Superación

Lingua e literatura2,64 KB

Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor emitidos sen base argumentada sobre unha lingua ou sobre os seus falantes e provocan o rexeitamento ou a aceptación dun idioma na sociedade.

A Diglosia en Galicia: Orixe e Consecuencias

En Galicia dáse unha situación derivada do contacto entre linguas, neste caso o castelán e o galego. Aquel comezou, desde os Séculos Escuros, a desprazar o galego dos usos cultos e públicos. Esta situación provocou, co paso do tempo, a idea de que o castelán era a lingua apropiada para os usos prestixiosos. A lingua galega pasou a considerarse inferior e inadecuada para usos elevados. Esta situación de desequilibrio lingüístico é a que chamamos diglosia.

Obstáculos

...
Seguir lendo "Prexuízos Lingüísticos en Galicia: Impacto e Superación" »

Revolución Liberal, Agraria e Industrial en España: Capitalismo e Sociedade de Clases

Historia2,74 KB

Guerra e Revolución Liberal en España: 4

A Constitución de 1812

A poboación non aceptou a Xosé I. Nas vilas e cidades formáronse xuntas (exercían o goberno revolucionario e coordinaban as guerrillas).

Durante a guerra formáronse unhas Cortes Xerais que comezaron a lexislar, creando un novo modelo político para España. Redactan a Pepa: a Constitución de Cádiz, que recollía os principios do liberalismo.

A Revolución Agraria e Industrial: 5

A Revolución Agraria

Conxunto de cambios e transformacións que substituíu ao Antigo Réxime.

  • Novos sistemas de cultivo: destacando a eliminación do barbeito grazas á introdución da rotación de cultivos.
  • Renovación técnica: mellora da ferramenta.
  • Especialización agraria e incremento dos rendementos:
...
Seguir lendo "Revolución Liberal, Agraria e Industrial en España: Capitalismo e Sociedade de Clases" »

A Narrativa Galega de Posguerra: Cunqueiro e Fole

Outras linguas estranxeiras2,38 KB

T2 nº2: Narrativa de posguerra (I)

Introdución

Nos anos 50 recupérase paseniñamente a produción literaria grazas á Editorial Galaxia. Na prosa, salientan Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole, aínda que seguirán escribindo posteriormente.

Nos anos 60 xurdirá a Nova Narrativa Galega con novos temas e técnicas. Destacan, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Nos anos 70 aparecerán moitos outros autores que contribuirán á consolidación da narrativa galega e a convertela no xénero preferido polos escritores e lectores en galego.

Álvaro Cunqueiro

Obra narrativa

  • Novelas construídas en base a relatos.
  • Predominio da oralidade.
  • Mestura do máxico ou extraordinario con obxectos cotiáns.
  • Obra moi orixinal con toques de humor.
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega de Posguerra: Cunqueiro e Fole" »

O Idealismo Transcendental de Kant: O Xiro Copernicano

Filosofía e ética2,16 KB

A síntese de Kant: Empirismo e Racionalismo

Immanuel Kant reflexiona sobre os límites do coñecemento humano e propón unha síntese entre as dúas grandes correntes filosóficas do seu tempo: o empirismo e o racionalismo. Mentres que os empiristas, como Hume, defendían que o coñecemento só pode provir da experiencia e que, máis alá do percibido, nada se pode coñecer, os racionalistas, como Descartes, sostiñan que a razón pode chegar a verdades universais sen necesidade de recorrer á experiencia. Kant considera que ambas as posturas son insuficientes e busca un punto intermedio, dando lugar ao que se coñece como idealismo transcendental.

O xiro copernicano na teoría do coñecemento

Segundo Kant, o coñecemento necesita dous elementos:...

Seguir lendo "O Idealismo Transcendental de Kant: O Xiro Copernicano" »

A Emigración en España: Historia e Consecuencias Sociais

Xeografía2,37 KB

A Esperanza de Vida e a Emigración en España

A esperanza de vida aumentou debido aos progresos médicos. Non obstante, presenta diferenzas entre os sexos, os grupos de idade e o status social. O crecemento natural no réxime demográfico actual é reducido a causa das baixas taxas de natalidade e de mortalidade, aínda que presenta certas oscilacións.

Migracións Exteriores

A 1ª etapa de auxe comprende desde mediados do s. XIX ata a 1ª Guerra Mundial (1914). Ao principio deste período, a emigración cara a América reducírase bastante; pero desde 1853, a situación cambiou debido a que os países latinoamericanos necesitaban inmigrantes e España limitou os obstáculos á emigración.

A emigración transoceánica decaeu entre as 2 guerras...

Seguir lendo "A Emigración en España: Historia e Consecuencias Sociais" »

Biomoléculas e Sales Minerais: Funcións Esenciais na Célula

Bioloxía3,95 KB

Sales Minerais: Estrutura e Funcións Biolóxicas

Os sales minerais atópanse nos seres vivos en cantidades comprendidas entre o 1% e o 5%. Poden atoparse de dúas formas:

  • En forma sólida ou precipitada: Orixinan estruturas esqueléticas e de suxeición. Exemplo: CaCO₃ (carbonato de calcio) constitúe o esqueleto de moluscos.
  • En disolución:
    • Actúan como sistemas tampón, controlando as variacións do pH.
    • Manteñen o equilibrio osmótico.
    • Regulan accións específicas: activación de enzimas, transmisión do impulso nervioso, contracción muscular, coagulación sanguínea, etc.

O Equilibrio Osmótico e a Ósmose

Os sales minerais disoltos son cruciais para o mantemento do equilibrio osmótico.

Definición de Ósmose

A ósmose é o fenómeno no que...

Seguir lendo "Biomoléculas e Sales Minerais: Funcións Esenciais na Célula" »