A Narrativa Galega de Posguerra: Cunqueiro e Fole

Outras linguas estranxeiras2,38 KB

T2 nº2: Narrativa de posguerra (I)

Introdución

Nos anos 50 recupérase paseniñamente a produción literaria grazas á Editorial Galaxia. Na prosa, salientan Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole, aínda que seguirán escribindo posteriormente.

Nos anos 60 xurdirá a Nova Narrativa Galega con novos temas e técnicas. Destacan, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Nos anos 70 aparecerán moitos outros autores que contribuirán á consolidación da narrativa galega e a convertela no xénero preferido polos escritores e lectores en galego.

Álvaro Cunqueiro

Obra narrativa

  • Novelas construídas en base a relatos.
  • Predominio da oralidade.
  • Mestura do máxico ou extraordinario con obxectos cotiáns.
  • Obra moi orixinal con toques de humor.

Novelas

  • Merlín e familia: usa lendas da Bretaña e conta os sucesos que lle ocorren a Merlín na Galiza rural.
  • As crónicas do Sochantre: situada na Bretaña francesa, un músico viaxa cuns defuntos que lle van contando como morreron.
  • Se o vello Sinbad volvese ás illas: Sinbad, un vello que aspira a volver navegar, conta as súas aventuras no mar.

Libros de relatos

Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes son pequenos relatos, semblanzas de personaxes galegos, reais ou imaxinarios, cheos de fantasía e de humor, nos que as técnicas de oralidade son frecuentes.

Poesía

Nas primeiras décadas da posguerra publicou algún poemario seguindo a tendencia vangardista do neotrobadorismo. Mais a súa obra definitiva e fundamental vai ser Herba aquí e acolá, que non será editada ata os anos 80.

Teatro

O seu teatro é novidoso e atemporal. Escribiu, por exemplo, unha versión moi orixinal do Hamlet de Shakespeare: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.

Ánxel Fole

Foi un importante galeguista na época da República, fundador da revista Yunque. O seu activismo obrigoulle a fuxir de Lugo. A súa obra enmárcase no realismo popular.

  • A lus do candil: 14 relatos narrados en 1ª persoa, seguindo as técnicas dos contacontos. O seu obxectivo é dar a coñecer a Galiza máxica e misteriosa.

Descargar

PDF Word HTML