Revolución Liberal, Agraria e Industrial en España: Capitalismo e Sociedade de Clases

Historia2,74 KB

Guerra e Revolución Liberal en España: 4

A Constitución de 1812

A poboación non aceptou a Xosé I. Nas vilas e cidades formáronse xuntas (exercían o goberno revolucionario e coordinaban as guerrillas).

Durante a guerra formáronse unhas Cortes Xerais que comezaron a lexislar, creando un novo modelo político para España. Redactan a Pepa: a Constitución de Cádiz, que recollía os principios do liberalismo.

A Revolución Agraria e Industrial: 5

A Revolución Agraria

Conxunto de cambios e transformacións que substituíu ao Antigo Réxime.

  • Novos sistemas de cultivo: destacando a eliminación do barbeito grazas á introdución da rotación de cultivos.
  • Renovación técnica: mellora da ferramenta.
  • Especialización agraria e incremento dos rendementos: grazas ás máquinas, aos novos sistemas de cultivo, ao emprego de fertilizantes... Este aumento da produción repercutiu no crecemento da gandería.
  • Cambios no réxime de propiedade da terra: eliminadas as travas e cargas físicas de orixe feudal que pesaban sobre as terras propiedade dos nobres e dos eclesiásticos.
  • Cambio na mentalidade dos propietarios agrícolas: fronte aos do Antigo Réxime, converteron a terra nunha fonte de beneficios.

A Revolución Industrial

Conxunto de transformacións técnicas, económicas e sociais que tiveron lugar no sistema de produción de mercadorías a partir de mediados do século XVIII.

Características:
  • Invención de máquinas, cada vez máis especializadas.
  • Emprego da enerxía do vapor.
  • Instalación de fábricas, unidades de produción formadas por máquinas e traballadores asalariados.
  • Forte desenvolvemento da industria téxtil, da siderometalúrxica e do ferrocarril.
Sectores punteiros:
  • Industria téxtil do algodón.
  • Industria siderometalúrxica.
  • O ferrocarril.
O Capitalismo e a Sociedade de Clases: 6

Novo sistema económico e social que nace a partir das transformacións orixinadas coa revolución industrial e os sistemas políticos liberais.

Ata a actualidade supón a base da economía mundial.

  • O capital: supón o factor básico de crecemento.
  • Liberdade económica: o mercado debe rexerse pola lei de oferta/demanda, sen intervención.
  • Propiedade privada: garantida e protexida por lei.
  • O traballo entendido como unha mercadoría: máis traballadores asalariados.
  • División de tarefas: aumento da produción.

Descargar

PDF Word HTML