Causas e desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial
Causas da Primeira Guerra Mundial
As potencias pactaron axudas entre elas mediante sistemas de alianzas.
Sistemas Bismarckianos (1870-1890, Otto von Bismarck)
- 1º sistema: Promoveu un sistema de alianzas internacionais:
- Búsqueda do dominio alemán na política continental europea.
- Creación dun bloque de potencias con centro no Imperio Alemán.
- Contención dos inimigos de Alemaña.
- Illamento de Francia.
- 2º sistema: Negociacións clave:
- 1873: Liga dos Tres Emperadores (Austria, Rusia e Alemaña).
- 1879: Dobre Alianza (Alemaña e Austria).
- 1887: Tratado de Reaseguro (Alemaña e Rusia; Alemaña sería neutral en loitas entre Rusia e Austria / Rusia sería neutral en loitas entre Alemaña e Francia).
Inicio do conflito
Detonante: O 28 de xuño de 1914 prodúcese o asasinato do príncipe herdeiro de Austria, Francisco Fernando, en Saraxevo (Bosnia). O atentado foi executado por un estudante bosnio vencellado a grupos nacionalistas serbios.
Cronoloxía do estalido
- 28/07/1914: Austria declara a guerra a Serbia.
- 30/07/1914: Rusia (en apoio de Serbia) vs. Austria.
- 01/08/1914: Alemaña (en apoio de Austria) vs. Rusia.
- 03/08/1914: Alemaña vs. Francia (Alemaña invade Bélxica, territorio neutral; Inglaterra intervén).
- 04/08/1914: Inglaterra vs. Alemaña e Austria.
- 05/08/1914: Alemaña vs. Serbia.
Bloques enfrontados
Triple Alianza: Alemaña, Austria, Italia
- Territorio: Compacto, facilita as comunicacións.
- Industria: Alemaña ten unha gran capacidade industrial.
- Exércitos: Moi poderosos.
Triple Entente: Francia, Rusia, Inglaterra
- Territorio: Disperso, dificulta as comunicacións.
- Poboación: Ten máis capacidade demográfica.
- Naval: Superioridade por parte do Reino Unido.
Etapas da guerra
- 1ª Guerra de movementos (1914): Ataques rápidos. Alemaña aplica o Plan Schlieffen para acabar con Francia en 6 semanas.
- 2ª Guerra de posicións (1914-1917): O conflito faise moi longo e as frontes mantéñense estables. En 1915, Italia entra na guerra do lado de Francia e Inglaterra.
Batallas principais
- Xutlandia: Única batalla naval entre Alemaña e Inglaterra; non houbo vencedor.
- Verdún: Os franceses resistiron 4 meses sen ceder terreo. A resistencia do mariscal Pétain converteu a ofensiva nunha derrota alemá.
- Somme: Batalla de desgaste á que Alemaña respondeu cunha gran resistencia, o que supuxo a derrota dos franceses e os ingleses.
Fronte oriental
- Italia loita tamén contra Austria.
- Romanía é derrotada polos alemáns, turcos e austríacos.
- O Imperio Turco viuse limitado a intervir no Cáucaso.