Castelao: Biografía e Obra Completa
Biografía de Castelao
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) foi un pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galego. Estudou a carreira de Medicina, aínda que nunca exerceu. Foi unha persoa reivindicativa tanto política como culturalmente, pola súa participación activa no sindicato Acción Galega, nas Irmandades da Fala, na revista Nós, no Seminario de Estudos Galegos, na Real Academia Galega, no Partido Galeguista e na defensa do Estatuto de Autonomía para Galicia.
Obra Literaria de Castelao
Castelao comezou cultivando a narrativa, máis tarde iniciou a súa labor como ensaísta e, por último, como dramaturgo. As principais características da súa...