A Transición Democrática e o Renacemento Cultural Galego (1975-Actualidade)
Os Cambios desde 1975
Coa morte do ditador Franco ábrese un novo período histórico coñecido como "Transición democrática", durante o cal se aproba a Constitución de 1978. O réxime democrático tivo consecuencias como:
- A liberdade de presos políticos da ditadura.
- A legalización de partidos políticos e sindicatos.
- O regreso de exiliados.
- A convocatoria de eleccións para a escolla dos representantes.
Ao tempo, continuou a destrución do rural e o crecemento das cidades, cunha economía orientada aos servizos. Tamén salienta a incorporación das mulleres ao ámbito social e económico.
Novo Marco Político para Galicia
Nos últimos anos da década de 1970, na sociedade galega houbo unha intensa axitación política e cultural que anunciaba