Normalización do galego: retos e axentes implicados
Linguas minorizadas e minoritarias
O galego: lingua en vías de normalización
As linguas minorizadas son as que están en situación de desvantaxe con respecto a unha lingua dominante coa que comparten territorio. Moitas veces, estas linguas cualifícanse por defecto como minoritarias. Isto non é sempre así, senón que se dan casos de linguas minorizadas pero maioritarias, cunha porcentaxe de falantes superior á lingua dominante.
Trátase de dous conceptos distintos: minoritaria fronte a maioritaria por un lado e minorizada fronte a dominante polo outro. Independentemente do seu número de falantes, cando unha lingua é minorizada, recibe a presión da lingua dominante. De aí que falemos de conflito lingüístico. Co fin de superalo, cómpre...