A poesía, o galego e a súa normalización: análise e reflexións

Outras materias4,25 KB

Proposta alternativa VI

3. Todos os seres humanos levamos por dentro un lado romántico que ás veces non expresamos por algúns factores como a timidez. Pero a todos gústanos oír, ou ler algunha vez unha poesía, xa que moitos deles expresan o que non podemos dicir e isto fainos identificarnos con moitos poetas románticos e admirar a inspiración para crear versos e transmitirlles ao ser humano. Hai que ter claro que a poesía se basea na inspiración dun autor que toma como fonte de creación calquera cousa por sinxelo que pareza como a natureza, a muller, a auga, a morte, o mar, etc. A poesía fainos espertar sentimentos como o amor, a soidade, a tristeza e ata o medo, de alí a súa importancia para o home. A poesía é un xénero literario importante porque con ela ou a través dela expresamos ou envorcamos os máis profundos sentimentos e isto fainos sensibles ante os demais, é tan antiga como o home mesmo, isto quere dicir que sempre existiron poetas no mundo. A poesía emprégase para aplacar as tormentas da alma, redimir a unha muller ou un home ou encher o corazón dese sentimento chamado amor. Pode, en doses ben servidas, alimentar o espírito, asustar unha soidade e afastar unha tristeza.

4. Xurdir é un verbo que ten u no radical, pero que presenta alternancia u/o no presente de indicativo. Na 3ª conxugación, cando a vogal radical é e, pode haber dúas posibilidades de alternancia: en lugar de e aparece i cando está no presente de indicativo, en todo o presente de subxuntivo e imperativo; nos verbos de vogal media (e,o) no radical existe alternancia de timbre no presente de indicativo (comer, beber).

Escavacións e variantes dialectais

5. Escavacións:

  • Bloque oriental: escavaciois.
  • Bloque central: escavacións.
  • Bloque occidental: escavaciós.

Esganaron:

  • Bloque oriental: esghanaron.
  • Bloque central: esganaron.
  • Bloque occidental: esghanaron.

Volveu:

  • Bloque oriental: volveu.
  • Bloque central: volveu.
  • Bloque occidental: Volviu.

Noite:

  • Bloque oriental: nuite.
  • Bloque central: noite.
  • Bloque occidental: nuite.

A normalización lingüística do galego

A partir do ano 1978 coa aprobación da Constitución Española, o galego acada a cooficialidade co castelán e a protección por parte do Estado. No ano 81 coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia os dereitos recollidos na Constitución convértense xa nunha realidade. O Estatuto establece que o galego é a lingua propia de Galicia e a obriga dos poderes públicos do cumprimento da cooficialidade, da promoción do galego e a non discriminación por cuestións lingüísticas. No ano 1983 o Parlamento de Galicia desenvolve a lei que regula o proceso de normalización lingüística do noso idioma, é a Lei de Normalización Lingüística. Esta lei establece o dereito dos cidadáns ao uso do galego coa administración pública, que a única toponimia oficial é a galega e regula o nacemento de medios de comunicación públicos en galego. O galego é a lingua oficial nas administracións autonómica, local e nas entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma (Parlamento) e a promoción do uso da lingua tanto oral como por escrito nas relacións da administración cos administrados. Tamén se regula a introdución do galego no ensino e a igualdade co castelán.

Esta nova situación para o galego non consegue frear a perda constante de falantes que se pasan ao castelán. O galego segue a ser a lingua maioritaria en Galicia entre a poboación máis vella, mentres o seu número de falantes se reduce canto máis novos son. Pola contra a competencia lingüística en galego, dende a súa introdución no ensino, é moito maior. Pódese afirmar que en Galicia os falantes teñen moita maior competencia lingüística en galego pero non se corresponde co aumento no número de falantes. O máis preocupante é a ruptura xeracional que se produce entre os falantes, os rapaces non reciben a lingua a través da familia senón que a adquiren na escola como se fose unha lingua allea.

Descargar

PDF Word HTML