O galego durante o franquismo: represión e resistencia
1. Características lingüísticas fundamentais
Sobre a base construída na preguerra, inténtase buscar unha maior simplicidade ortográfica e gramatical, adoptar solucións supradialectais e corrixir paulatinamente os excesos diferencialistas da etapa anterior. Este período coñécese como “protoestándar”, polo obxectivo unánime de procurar unha norma culta.
Os autores da editorial Galaxia levan á práctica a simplificación reducindo o uso do apóstrofo e os guións, moderando o uso dos hiperenxebrismos e incorporando neoloxismos e cultismos, así como rexeitando os castelanismos nun intento de depuración léxica.
Na década dos 60, a Universidade de Santiago incorpora de xeito opcional os estudos de lingua e literatura galegas en...