Literatura Galega no Exilio: Poesía, Narrativa e Ensaio

Outras linguas estranxeiras3,14 KB

Literatura Galega na Diáspora

A derrota do bando republicano na Guerra Civil empurrou ao exilio a moitos galegos. Os intelectuais levaron a cabo iniciativas que pretenden manter viva a cultura galega no exterior, entre elas destacamos:

  1. Edición de diversas revistas e xornais como A Nosa Terra ou a propia creación doutras.
  2. Organización de toda clase de actos culturais.
  3. Fundación de editoriais.
  4. A constitución de compañías dramáticas.
  5. A constitución de diversos organismos e entidades para a promoción da nosa cultura.
  6. A presentación dunha denuncia diante de organismos internacionais como a UNESCO sobre a persecución da cultura e do idioma.


Poesía na Diáspora

Case toda a poesía publicada na diáspora ten un compromiso galeguista e coa República. Normalmente eran obras comprometidas socialmente, inconformistas, que denunciaban o que se consideraba inxusto no momento. Como autores destacamos:

Luís Seoane

Luís Seoane foi un autor polifacético que destacou en gran parte por ser o gran dinamizador da cultura e lingua galega no exilio. A súa poesía caracterízase polos seguintes trazos:

  • Estilo realista, poesía discursiva, lóxica, sen metáforas, sobria.
  • Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración, tratado como a grande epopea colectiva de pobo en busca dun futuro mellor.
  • Escaseza de poemas líricos e persoais, onde fale de si mesmo.

Lorenzo Varela

Da súa obra destacamos Catro poemas para catro gravados onde os gravados que ilustran os catro poemas foron realizados por Seoane.


Narrativa na Diáspora

Amosa unha clara preferencia pola temática da Guerra Civil, abordada cun afán memorialístico e nun ton de denuncia. Entre os autores que cultivaron esta vertente destacan:

Ramón de Valenzuela Otero

Coa obra Non agardei por ninguén, onde recrea aspectos autobiográficos, na súa época como guerrilleiro. Era tempo de apandar é complementaria á primeira, narrando o exilio a Francia e a repatriación do protagonista.

Silvio de Santiago

Na súa obra narrativa recrea a súa infancia na aldea natal, Villardevós.

Antón Alonso Ríos

O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte onde relata a súa situación persoal tamén, moi similar á de Silvio Santiago.

A narrativa na diáspora, moito máis que a poesía, contén datos xeográficos.


Ensaio na Diáspora

Castelao

Castelao publicou na Arxentina Sempre en Galiza, ensaio marcado sempre pola condición de desterrado ou exiliado. Ademais nesta obra hai datos sobre a historia de Galiza, reflexións, exposición das reivindicacións básicas do galeguismo…

Luís Seoane

Escribiu varios estudos sobre a arte galega como Textos encol da arte galega ou Textos sobre a arte galega e o deseño.

Lois Tobío Fernández

Fundador do SEG, membro do Partido Galeguista e diplomático republicano.

Descargar

PDF Word HTML