A Poesía de Ramón Cabanillas: Lírica e Narrativa

Outras linguas estranxeiras2,51 KB

Poesía lírica de Cabanillas

Antes da guerra publicou os seus libros máis representativos: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada. Neles pódense observar as tres grandes liñas temáticas que están presentes na súa obra:

  • Poemas intimistas

    Con influencia de Rosalía de Castro. Tratan sobre a vida, o amor e a natureza. Na súa obra A rosa de cen follas, aparece gran parte desta temática, na que destaca a forte carga relixiosa e saudosista. Está chea de saudade e lamentacións pola perda do amor ou por un amor imposible.

  • Poemas cívicos (sociais ou combativos)

    De marcado carácter social, nos que critica os poderes, a falta de xustiza e a situación de miseria na que vivía o campesiñado. Lembra moito a poesía social de Curros Enríquez, pero sen o seu anticlericalismo. Son poemas nos que se atopan as ideas do Agrarismo (anticaciquismo) e das Irmandades da Fala. Compuxo algúns poemas adicados ao líder agrarista Basilio Álvarez e o himno de Acción Galega.

  • Poemas costumistas

    Sobre a paisaxe, os homes, as mulleres e mais os costumes galegos. Diferénciase do costumismo do século XIX porque o moderniza tanto nos tratamentos dos temas (a descrición do mundo rural realizada con humor e certa autocrítica) como na forma, con trazos procedentes do Modernismo.

Poesía narrativa: Na noite estrelecida

Na noite estrelecida (1926) é, segundo os críticos, o mellor libro de Cabanillas. É unha poesía de tipo épico que lembra a poesía pondaliana que reelaboraba o pasado céltico de Galicia. Ten unha gran calidade estética e posúe un enorme valor simbólico.

Valor simbólico e ideolóxico

Ademais, a obra axuda a entender o galeguismo de principios de século, porque se inspirou nunha das súas correntes ideolóxicas: a corrente celtista de Pondal, de Murguía e das Irmandades da Fala. Cabanillas apóiase nun pasado mítico simbólico para axudar á causa nacionalista.

O mito como ferramenta pedagóxica

Cabanillas pensa que o mito ten un valor pedagóxico, xa que pode axudar a mobilizar a conciencia colectiva. O argumento recrea os temas medievais da Materia de Bretaña: a espada Excalibur, as lendas da corte do rei Artur e a busca do Santo Graal, trasladándoos a Galicia. Cabanillas fusiona os mitos épicos célticos (druídas, celtas...), o idealismo cabaleiresco medieval (Artur, Merlín, Galahad, Excalibur, Graal...) e o cristianismo.

Descargar

PDF Word HTML