Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Primaria

San Sadurniño e Vacacións en Paz: Acollemento Saharauí

Historia3,08 KB

O Concello de San Sadurniño volve apoiar este ano o programa Vacacións en Paz, un proxecto de acollida temporal de nenas e nenos saharauís durante os meses de xullo e agosto. A iniciativa, impulsada pola entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), busca contribuír ao desenvolvemento deste pobo exiliado e á mellora da calidade de vida e da educación intercultural da súa rapazada.

Este ano, o Concello colaborou cunha achega de 1.790 euros, cos que se sufragou a viaxe de ida e volta dos dous nenos que estiveron no verán en San Sadurniño. A cooperación municipal con Vacacións en Paz ratificouse recentemente coa sinatura do correspondente convenio, asinado polo alcalde, Secundino García, e a presidenta do colectivo, Maite...

Seguir lendo "San Sadurniño e Vacacións en Paz: Acollemento Saharauí" »

Economía Española Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento

Historia3,88 KB

A Economía Española Durante o Franquismo: Dúas Etapas

A economía española durante o franquismo pódese dividir en dúas etapas ben diferenciadas. A primeira etapa é a autarquía, caracterizada pola autosuficiencia económica e un obrigado illamento internacional. A segunda parte comeza en 1959, cando se aproba o Plan de Estabilización Nacional e España abre a súa economía cara o exterior.

A Autarquía (1939-1959): Illamento e Autosuficiencia

Obxectivos e Desafíos da Autarquía

O período de autarquía tiña como obxectivo lograr a autosuficiencia económica para non depender economicamente do exterior. Non obstante, esta etapa enfrontou importantes desafíos.

A Agricultura e as súas Medidas

Na agricultura, descendeu a produción debido...

Seguir lendo "Economía Española Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento" »

Glosario da Idade Media: Reconquista e Repoboación

Historia3,48 KB

Carta de Poboamento

Documento polo que os monarcas e os señores laicos e eclesiásticos concedían privilexios forais a quen se establecese en determinados lugares ou cidades coa finalidade de atraer poboación e repoboar os territorios que se ían reconquistando aos musulmáns. En Galicia, os monarcas Fernando II e Afonso IX foron os que máis potenciaron a fundación ou repoboación de núcleos urbanos concedendo numerosos privilexios aos seus habitantes.

Manso

Unidade de explotación agraria familiar (casa e terras de cultivo) que o señor feudal cedía en usufruto a un colono libre ou a un servo a cambio de certas prestacións e censos. Xunto coa reserva señorial constituían os elementos básicos de explotación dos feudos na Alta Idade...

Seguir lendo "Glosario da Idade Media: Reconquista e Repoboación" »

Totalitarismos do Século XX: Fascismo e Nazismo

Historia5,23 KB

Os Totalitarismos: Concepto e Características

Un réxime político que rexeitaba os principios da democracia liberal e pretendía controlar totalmente a sociedade. Coincidía no culto ao xefe, no partido único, no adoutrinamento, no terror e na violencia, e na persecución da oposición.

O Fascismo Italiano: Ascenso e Consolidación

Italia na Posguerra: Descontento Xeneralizado

O descontento xeneralizado en Italia na posguerra debeuse a varios factores:

  • Os aliados non cumprían os tratados e non lle concederon todos os territorios que lle prometeron ao entrar na guerra.
  • Inestabilidade política (cinco gobernos en tres anos).
  • Graves perdas humanas e económicas.
  • Crise económica xeneralizada: inflación e tensións sociais.
  • Estendeuse o terror a unha
...
Seguir lendo "Totalitarismos do Século XX: Fascismo e Nazismo" »

Termos Clave: Franquismo e Transición Española

Historia2,77 KB

Contubernio de Múnic: Oposición ao Franquismo

Nome co que se coñece na prensa franquista o IV Congreso do Movemento Europeo. Celebrado en Múnic entre o 5 e o 8 de xuño de 1962, ao que asistiron 80 figuras da oposición interior e 38 do exilio, baixo a autoridade de Salvador de Madariaga. Todos os asistentes tiñan o desexo de instaurar unha democracia en España.

FET y de las JONS: O Partido Único Franquista

Partido único do Franquismo, tamén coñecido como Movemento Nacional. Era froito da unión da Falanxe Española (partido de José Antonio Primo de Rivera) e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS) en 1934, e logo en 1937, da Comunión Tradicionalista. Rexeitaban a Constitución republicana, a existencia de partidos, o capitalismo,...

Seguir lendo "Termos Clave: Franquismo e Transición Española" »

Construción do Estado Liberal Español no Século XIX

Historia5,8 KB

A Constitución de 1812: "A Pepa"

Unha comisión das Cortes preparou o proxecto de Constitución desde 1811. Promulgouse o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé, polo que foi coñecida popularmente como "A Pepa".

A Constitución contiña unha declaración de dereitos do cidadán. A estrutura do Estado correspondía a unha monarquía limitada, baseada na división de poderes e non no dereito divino:

  • Poder lexislativo: As Cortes unicamerais representaban a vontade nacional e posuían amplos poderes (elaborar leis, aprobar orzamentos e tratados internacionais, comandar o exército, etc.).
  • Poder executivo: O monarca era a cabeza do poder executivo, nomeaba os ministros pero estes debían responder ante as Cortes.
  • Poder xudicial: A administración de
...
Seguir lendo "Construción do Estado Liberal Español no Século XIX" »

Orixes e Evolución do Movemento Obreiro

Historia4,05 KB

Orixes do Movemento Obreiro

As principais causas do nacemento do movemento obreiro foron, por unha banda, a explotación dos traballadores, con longas xornadas, duras condicións laborais e escasos salarios, xunto co desemprego xerado pola chegada das máquinas; e por outra, a ausencia de liberdade de asociación.

Como consecuencia, xurdiron os primeiros conflitos, con motíns, folgas e manifestacións. Apareceu o ludismo, unha acción violenta contra as máquinas. Despois dos conflitos, xurdiron as primeiras formas de organizacións obreiras, como as sociedades de socorro mutuo. As xuntas destas asociacións eran, moitas veces, clandestinas. Creouse o sindicato Great Trade Union, de nivel nacional, que agrupou a maioría dos sindicatos e impulsou...

Seguir lendo "Orixes e Evolución do Movemento Obreiro" »