Totalitarismos do Século XX: Fascismo e Nazismo
Os Totalitarismos: Concepto e Características
Un réxime político que rexeitaba os principios da democracia liberal e pretendía controlar totalmente a sociedade. Coincidía no culto ao xefe, no partido único, no adoutrinamento, no terror e na violencia, e na persecución da oposición.
O Fascismo Italiano: Ascenso e Consolidación
Italia na Posguerra: Descontento Xeneralizado
O descontento xeneralizado en Italia na posguerra debeuse a varios factores:
- Os aliados non cumprían os tratados e non lle concederon todos os territorios que lle prometeron ao entrar na guerra.
- Inestabilidade política (cinco gobernos en tres anos).
- Graves perdas humanas e económicas.
- Crise económica xeneralizada: inflación e tensións sociais.
- Estendeuse o terror a unha revolución social semellante á rusa.
O Ascenso do Fascismo en Italia
- En 1919, Benito Mussolini crea os Fasci di Combattimento, un grupo paramilitar para controlar os movementos obreiros.
- En 1921, crea o Partido Nacional Fascista, cuxa ideoloxía se basea na construción dun estado forte (nacionalismo) que garantise a propiedade privada e unha política exterior expansionista.
- Nas eleccións de 1922, consegue poucos deputados, pero para conseguir o poder realiza a famosa "Marcha sobre Roma".
- Os principais grupos de apoio do fascismo foron:
- Os terratenentes.
- Os donos das fábricas.
- A Igrexa Católica.
- Despois das eleccións de 1924, gañadas por Mussolini grazas á violencia exercida contra os seus opoñentes, este anunciou a instauración dun réxime autoritario.
- Mussolini atribuíuse plenos poderes e os partidos políticos foron prohibidos.
- As folgas foron prohibidas e os sindicatos substituídos por un sistema de corporacións por oficios.
- Controlaba a economía e defendía unha política económica autárquica que aspiraba á autosuficiencia económica.
- O Estado exercía un férreo control da sociedade a través do partido, que dirixía a vida social e dominaba os medios de comunicación.
- Tiña unha concepción conservadora da muller e da familia.
- Mussolini prometeu a creación dun imperio italiano, invadindo Etiopía.
Características Xerais dos Totalitarismos
- Exaltación do Estado por parte do individuo.
- Nacionalismo agresivo que aspiraba á expansión territorial.
- Racismo e persecución das minorías (especialmente no nazismo).
- Rexeitamento do liberalismo e da democracia.
- Anticomunismo.
- Estado autoritario.
- Intervención do Estado na economía.
- Culto ao líder carismático.
- Obediencia cega.
- Leximación da violencia e culto ao militarismo.
Simboloxía Fascista
- O Fascio: símbolo composto por un feixe de varas (bastóns) rodeando un machado.
- Duce: título do líder, Benito Mussolini.
- Saúdo romano.
O Nazismo Alemán: Un Sistema Totalitario
Consolidación do Poder Nazi
- Identificación entre o Partido Nazi e o Estado, baixo a única autoridade de Adolf Hitler, o Führer.
- Suprimíronse as liberdades.
- Decretouse a disolución dos partidos e sindicatos: só o NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán) era permitido.
- A administración pública foi depurada.
- O poder xudicial quedou sometido á vontade do partido.
- A policía foi substituída e creouse a Gestapo (policía secreta).
Imposición da Ideoloxía Nazi
- Absoluta unidade ideolóxica.
- Creación do Ministerio de Cultura e Propaganda para impoñer un pensamento baseado nas ideas fascistas e nacionalistas.
- Reorganizouse e politizouse o sistema educativo.
- Persecución e eliminación de toda minoría considerada inferior, sobre todo dos xudeus (levando á creación de campos de concentración).
Autarquía Económica e Rearmamento
- A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e expansionistas de Hitler.
- O obxectivo era non depender do exterior e converter a Alemaña nun estado autosuficiente.
- Prioridade á industria pesada e á de armamento.
- Para facer fronte ao paro, impulsouse a construción de obras públicas.
Política Expansionista Nazi
- Vinculou o racismo coa súa vontade de implantar unha nova orde en Europa.
- As ambicións expansionistas levaron a unha política militarista: reforzou o exército e creou un novo exército e unha aviación moderna.
- Busca da construción dun grande imperio e a conquista dun "espazo vital" (Lebensraum).
Adoutrinamento da Poboación
- Adoutrinamento da poboación a través de organizacións como as Xuventudes Hitlerianas.
- Uso intensivo da propaganda e do medo, xunto co atractivo do proxecto hitleriano, para conseguir o apoio masivo da poboación.