Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Formación profesional

España 1926-1936: Crise e Conflito

Historia2,21 KB

A Organización Corporativa do Traballo (1926)

En 1926, créase a Organización Corporativa do Traballo coa finalidade de regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través de comités paritarios.

A Asemblea Nacional (1927)

En 1927 constitúese a Asemblea Nacional, que tiña a función de elaborar e presentar os proxectos e leis ao Goberno.

Política económica de Calvo Sotelo

Baixo a dirección de Calvo Sotelo como Ministro de Facenda, lévase a cabo unha política baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo.

A Proclamación da Segunda República

A proclamación da República permitiu o acceso ao poder do Comité Revolucionario, que se converteu en goberno provisional tras ter negociado a saída urxente de Afonso XIII...

Seguir lendo "España 1926-1936: Crise e Conflito" »

Transformación Urbana: Modelos, Centros e Usos do Solo

Xeografía2,85 KB

A Transformación Urbana: Modelos e Cambios

A maior parte das cidades posúen elementos de épocas distintas. As cidades transfórmanse, crecendo cara o exterior coa creación de novos espazos residenciais e áreas de actividade económica. Prodúcese un proceso de fragmentación do espazo urbano, apenas conectadas entre si por autovías e estradas.

A Cidade Difusa: Un Novo Modelo Urbano

O modelo de cidade compacta foise substituíndo polo modelo de cidade difusa. Esta esténdese horizontalmente e está separada en áreas especializadas e monofuncionais: residenciais, comerciais, colexios, universidades... polo que diminúe o contacto humano, os intercambios e a sociabilidade. Está caracterizada pola mestura de usos e funcións e pola extensión,...

Seguir lendo "Transformación Urbana: Modelos, Centros e Usos do Solo" »

Historia e Normalización do Galego (1978-2004)

Lingua e literatura3,13 KB

O Galego a Finais do Século XX e Comezos do XXI

O Marco Lexislativo e a Cooficialidade

A Constitución de 1978 supón o recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica e o posterior Estatuto de Autonomía (1981) establece o galego como lingua propia e cooficial, xunto co castelán.

A Lei de Normalización Lingüística (1983)

Co fin de potenciar o seu emprego, aprobouse en 1983 a Lei de Normalización Lingüística, que establece como promover o galego nos diferentes ámbitos:

  • Administración e xustiza.
  • Ensino.
  • Medios de comunicación (incluíndo a creación da CRTVG).

Malia isto, foi notoria a falta dun Plan Xeral, que non se elaborou nin aprobou ata 2004.

Avances e Desafíos Sociolingüísticos

Este novo marco lexislativo permitiu progresos...

Seguir lendo "Historia e Normalización do Galego (1978-2004)" »

O Réxime Franquista: Orixes, Leis e Evolución (1939-1945)

Historia3,85 KB

O Réxime Franquista: Orixes e Caracterización

O réxime franquista funcionou en España, comezando a instaurarse xa na Guerra Civil, a cal remata coa vitoria do Bando Nacional. Os seguintes documentos enmárcanse na etapa azul, que se desenvolve durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial. Podemos apreciar como o réxime xa está caracterizado como autoritario e totalitario, apoiado por unha coalición antirrepublicana formada polas familias do réxime, e que comeza a institucionalizarse cunha serie de Leis Fundamentais que rexeitan o liberalismo e o comunismo e apoian o nacionalsindicalismo e o nacionalpatriotismo.

A Etapa Azul: Autoritarismo e Nacionalsindicalismo

Xunto co nacionalpatriotismo, vaise consolidando o nacionalsindicalismo...

Seguir lendo "O Réxime Franquista: Orixes, Leis e Evolución (1939-1945)" »

Guía Completa sobre Produtos Tecnolóxicos e Vendas

Economía5,9 KB

Produtos Tecnolóxicos

P. tecnolóxico: Deseñados para mellorar a vida e as necesidades dos seres humanos. Aplícanse un conxunto de tecnoloxías que conseguen mellorar as funcionalidades existentes de ditos bens ou servizos.

Clasificación

  • Bens: tanxibles
  • Servizos: Satisfacer algunha necesidade humana
  • Procesos: Aplicación tecnolóxica que mellora un proceso productivo
  • Existentes: Xa existían pero con tecnoloxía nova
  • Puros: sen tecnoloxía non poden existir

Analise ABC

  • Categoría A: unidades vendidas / +% de ingresos
  • Categoría B: +- unidades vendidas / +- % de ingresos
  • Categoría C: + unidades vendidas / - ingresos

Innovación Tecnolóxica

  • Segundo a súa aplicación: Innovación do produto / do proceso
  • Segundo a súa orixinalidade: Innovación radical
...
Seguir lendo "Guía Completa sobre Produtos Tecnolóxicos e Vendas" »

Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega

Lingua e literatura2,67 KB

Poesía Cívica de Curros Enríquez

A maioría da súa obra constitúe un alegato a favor do progreso e da liberdade.

Na ideoloxía de Curros prevalece a defensa da democracia. Ante a oposición da Igrexa ás institucións democráticas, a actitude poética de Curros vai ter un marcado carácter laicista e anticlericalista. A Igrexa mantiña unha actitude contraria a calquera tipo de reforma que fose en contra dos seus intereses.

Curros foi un home de ideas e conviccións propias. O poeta debe desempeñar un papel docente, práctico e mesmo político. Concibía o poeta como servidor da humanidade.

Defende un tipo de poesía centrada na denuncia dos males da sociedade e concibe a misión do poeta a de abrir os ollos á xente. Toda a súa obra poética...

Seguir lendo "Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega" »

Microprocesadores: Tipos, Funcións e Evolución

Informática4,02 KB

Microprocesador: O Cerebro do Ordenador

Que é un Microprocesador?

O microprocesador é o compoñente principal, o cerebro do ordenador. Coñécese co nome de micro, procesador, UCP ou CPU. O termo CPU ten certa ambigüidade porque adoita ser utilizado para referirse á caixa que contén o micro, a placa base, as tarxetas e o resto de circuitería do ordenador. É un chip que contén millóns de minúsculos elementos electrónicos, case todos transistores, nun único circuíto integrado capaz de realizar as diversas operacións que lle encomenda o software.

Funcións do Microprocesador

O microprocesador encárgase de levar a cabo as operacións matemáticas e lóxicas nun curto período de tempo e tamén decodifica e executa as instrucións dos...

Seguir lendo "Microprocesadores: Tipos, Funcións e Evolución" »

Control e Rendibilidade do Merchandising: Análise e Optimización

Economía2,28 KB

Control de Accións de Merchandising

Medidas e Tipos de Control

  • Rendemento da superficie de venda

Beneficio do Produto

Conceptos e Cálculo

  • Beneficio directo do produto: marxe ou beneficio aportado
  • BDP e a asignación de custos
  • Prezo de venda neto: cálculo (prezo de venda bruto - descontos)
  • Custo total de compra: prezo sobre factura + custos adicionais
  • Beneficio bruto: prezo de venda neto - custo total de compra
  • Axustes comerciais: condicións especiais
  • Beneficio bruto axustado: beneficio bruto + axustes comerciais

Custos Asociados

  • Custos directos: almacenaxe, transporte
  • Custos indirectos: administración, financeiros

Formas de Expresar o BDP

  • Por unidade: beneficio por unidade vendida
  • Por semana ou mes: distribución real do beneficio
  • Por metro cúbico: rendemento
...
Seguir lendo "Control e Rendibilidade do Merchandising: Análise e Optimización" »

A Segunda República Española: Fases e Reformas (1931-1936)

Historia2,63 KB

A Segunda República (1931-1936) intentou solucionar os problemas de España, modernizándoa e instalando un sistema democrático puro. Xorde ao final dun período de crises (1898, 1909, 1917, 1921).

Factores que contribuíron á tensión na Segunda República

  • Contexto internacional adverso.
  • Sociedade dividida e enfrontada.
  • Falta de consenso político.
  • Fragmentación política.
  • Problemas económicos.
  • Problemas coa Igrexa Católica.

Fases da Segunda República Española

Goberno Provisional (Abril-Xuño 1931)

O presidente foi Alcalá Zamora. Foi un goberno transitorio ata que se realizasen as eleccións. A misión principal foi convocar eleccións a Cortes Constituíntes que elaborarían unha Constitución.

Neste período iniciáronse as seguintes reformas:...

Seguir lendo "A Segunda República Española: Fases e Reformas (1931-1936)" »

A Segunda República Española: Reformas, Bienio e Fronte Popular

Historia10,12 KB

Como reformas deste período destacan:

A) Agraria

Pretendía solucionar a miseria da maior parte do campesiñado e modernizar a agricultura. Había dous proxectos: o republicano (foi o que se impuxo) quería respectar a propiedade privada e ós cultivadores directos, indemnizando ós afectados; e o socialista, que quería máis expropiacións e menos indemnizacións.

En 1932 apróbase a Lei de Bases da Reforma Agraria que permite a expropiación sen indemnización das terras dos grandes de España, e con indemnización as terras sen cultivar ou mal cultivadas. Os campesiños reciben as terras pero non poden vendelas nin arrendalas.

A Lei de Intensificación de Cultivos permite a cesión de terras non cultivadas ós xornaleiros, principalmente en...

Seguir lendo "A Segunda República Española: Reformas, Bienio e Fronte Popular" »