Sistemas Eléctricos: Produción, Condutores e Magnitudes
1- Sistemas eléctricos: produción, distribución e utilización
O dispositivo que permite a transformación da enerxía mecánica en eléctrica é o xerador eléctrico. O xerador é unha máquina que transforma a enerxía mecánica en eléctrica.
As distintas fontes de enerxía máis importantes son: hidroeléctrica, térmica e nuclear. Sen embargo, as enerxías renovables van tomando máis importancia cada día, por exemplo, a eólica e a fotovoltaica.
2- Condutores, illantes e semiconductores
Materiais condutores
Son todos os materiais que na capa de valencia teñen poucos electróns, por exemplo, o cobre que só ten 1.
Os metais son bos condutores de electricidade porque necesitan pouca enerxía externa para que os electróns abandonen a...