Normativa Laboral: Dereitos, Deberes e Convenios
Marco legal das relacións laborais
As persoas que traballan están suxeitas a unha serie de leis, decretos, etc.
A norma máis xeral e ampla que comprende todas as demais é a Constitución. Outras derivan da Unión Europea e da Organización Internacional do Traballo (OIT). A OIT é un organismo das Nacións Unidas, creado en 1919, que promove as accións internacionais para mellorar as condicións de traballo e o nivel de vida dos traballadores.
O Estatuto dos Traballadores
No marco estritamente laboral, a principal norma é o Estatuto dos Traballadores, no que se regulan:
- Como son e como funcionan os contratos de traballo.
- Os dereitos e deberes dos traballadores.
- Os dereitos de reunión e a negociación colectiva.
- As infraccións laborais.