Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Economía de Secundaria

Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas

Economía4,25 KB

LIMITES E DESEQUILIBRIOS DA EXPANSIÓN

A produción era maior á demanda, moitas industrias viron un crecemento dos stocks (mercadorías almacenadas que non se daban vendido). O comercio mundial estancouse polas recesións do consumo, tarifas aduaneiras e o proteccionismo. A inestabilidade do sistema monetario internacional debida á falta de cooperación internacional e rivalidade entre os centro financeiros (NYC, Londres e París). Descenso dos investimentos de capital nas actividades produtivas. Invertíase na bolsa debido á maior especulación ca nas actividades industriais e comerciais.

CRAC DO 1929

En outubro do 1929 a quebra da bolsa de NY provocou o afundimento dos investimentos e da actividade económica en EEUU. A crise foi mundial....

Seguir lendo "Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas" »

Traballo, descanso e ocio: sectores e dereitos

Economía2,47 KB

O traballo, o descanso e o tempo de ocio

O traballo defínese como todo tipo de actividade humana, física ou intelectual, que realizan as persoas para obter os medios necesarios para sobrevivir e atender as súas necesidades.

O descanso e o tempo libre

O descanso é o tempo que se emprega para repoñer as forzas que necesitamos para seguir traballando.
O tempo que non se dedica ao traballo nin ao descanso necesario é o tempo de ocio, tamén chamado tempo libre.

Os sectores económicos

Sector primario

Conxunto de actividades relacionadas co aproveitamento directo dos recursos naturais. A agricultura, a gandaría, a pesca e a caza pertencen ao sector primario.

Sector secundario

Actividades que transforman as materias primas, polo que se identifica coa
...
Seguir lendo "Traballo, descanso e ocio: sectores e dereitos" »

Solucións á crise económica: Keynes e o New Deal

Economía2,64 KB

Solucións á crise económica

Keynes

Keynes defendeu que a crise non era pasaxeira e que a recuperación non xurdiría espontaneamente se os gobernos non actuaban. Argumentou que o problema da economía era a falta de demanda ante a caída do investimento. Sen demanda, os empresarios non tiñan incentivos para aumentar a produción e, con ela, o emprego. Propoñía que o Estado aumentase o gasto público (obras públicas). O gasto do Estado xeraría déficit público; o Estado gastaba, aumentaba a demanda e non só polo importe dos gastos efectuados, senón nunha proporción maior, porque ese gasto inicial, transformado en salarios e bens, creaba nova demanda noutros sectores (multiplicador keynesiano). O Estado podería incrementar os ingresos...

Seguir lendo "Solucións á crise económica: Keynes e o New Deal" »

Causas da Crise de 1929: O Crac do 29 e a Gran Depresión

Economía3,09 KB

Causas da Crise de 1929: O Crac do 29

Os Felices Anos 20: Unha Época de Bonanza

A economía dos Estados Unidos experimentou un auxe da demanda. Todo o mundo quería comprar, e producíase unha demanda crecente, característica dos Felices Anos 20. Este período estivo caracterizado por:

  • Causas exteriores: A recuperación de Europa e dos antigos clientes europeos.
  • Causas interiores: Empezouse a vivir co dólar, o que xerou unha sociedade de consumo (cando se consume máis do que se necesita) debido a diferentes factores: salarios medios altos, novos sistemas de compra que reactivaron o consumo, créditos a prazos e un optimismo económico xeneralizado.

Xurdiu o "American Way of Life", que era o estilo de vida americano, que tiña de todo, xerando...

Seguir lendo "Causas da Crise de 1929: O Crac do 29 e a Gran Depresión" »

A Gran Depresión: Causas e Consecuencias Económicas

Economía2,58 KB

A Gran Depresión

Causas Principais

  • Prodúcese unha sobreprodución industrial. Diversos indicadores da actividade industrial amosan que o ritmo do crecemento estaba a desacelerarse nos Estados Unidos.
  • Prodúcese unha crise de liquidez (falta de recursos monetarios para lle facer fronte ao pagamento das débedas) como consecuencia do crack da bolsa, que favoreceu a expansión da crise.
  • A caída das accións provocou a necesidade de liquidez e forzou a retirada de investidores en Europa e a cancelación de moitos créditos.
  • Produciuse o desexo de vender a calquera prezo (deflación).
  • Produciuse a caída do consumo. Diversas causas influíron neste descenso:
    • Diminución da capacidade adquisitiva, daqueles que investían en bolsa.
    • O temor a ser despedidos.
...
Seguir lendo "A Gran Depresión: Causas e Consecuencias Económicas" »