Guía sobre o Mercado Laboral: Contratos, Sindicatos e EPA
Tipos de contratos laborais
O contrato pode ser indefinido ou de duración determinada:
- Indefinido: Non se establecen límites á duración do contrato. Como non ten data de vencemento, é válido ata que se dean causas como a xubilación, o falecemento ou o despedimento. En caso de que isto último sucedese, o traballador ten dereito a unha indemnización.
- Duración determinada: Ten unha data de vencemento establecida.
Oferta e demanda de traballo
- A oferta de traballo: É a cantidade de traballo que as economías domésticas están dispostas a ofrecer ás empresas a cambio dun prezo (salario).
- A demanda de traballo: É a cantidade de traballo que unha empresa está disposta a contratar por un determinado salario. A maior salario, menor será a cantidade