Evolución da Industria: Da Artesanal á Actualidade
A Industria Artesanal (Ata mediados do s. XVIII)
O traballo industrial realizábase a man, con instrumentos tradicionais e fontes de enerxía pouco potentes.
A produción era escasa e única.
Levábase a cabo en pequenos talleres pertencentes a un mestre, situados de forma dispersa, aínda que nas cidades.
A Industria Moderna (Primeira e Segunda Revolución Industrial)
Xurdiu tras a Primeira Revolución Industrial e remata a finais da Segunda Revolución Industrial.
O traballo comeza a realizarse con máquinas movidas por fontes de enerxía potentes.
A produción era barata, abundante e homoxénea.
A Industria Actual (Dende mediados do s. XX)
Comeza a mediados do século XX e chega á actualidade.
O traballo tende a automatizarse e incorpora novas fontes de enerxía.
Utiliza novas tecnoloxías e robots industriais.
A produción é diversa e barata.
Actividade Industrial e Sistemas Gandeiros
Características da Actividade Industrial
Caracterízase pola implantación de determinados avances técnicos e polo emprego de certas fontes de enerxía.
As materias primas utilízanse para facer o produto.
As fontes de enerxía permiten utilizar as novas tecnoloxías.
Sistemas Gandeiros Tradicionais
Gandería Nómada: É propia das zonas secas dos desertos. Nela, os pastores desprázanse continuamente co seu rebaño de camelos, cabras e ovellas.
Gandería Trashumante: Localízase nas zonas montañosas de América, de Asia e do norte de África. Os pastores desprázanse estacionalmente coas súas cabras e ovellas.
Sistemas Gandeiros de Mercado
Gandería Extensiva: O gando pace ao aire libre en prados e pasteiros. Non se require moito investimento.
Gandería Intensiva: O gando refúxiase en cortes ou granxas e aliméntase. Esixe elevados investimentos en instalacións.
Análise de "A Chuvia Amarela"
Sinopse e Temática Central
A chuvia amarela trata do último habitante dun pobo abandonado do Pireneo Aragonés.
O narrador é o protagonista, Andrés de Casa Sosas, quen conta o que viviu no pasado.
Todo o que di no libro evócanos a outros habitantes desaparecidos do pobo, que o abandonaron ou morreron.
A obra enfróntanos aos extravíos da súa mente, que pouco a pouco se deteriora.
Estrutura e Desenvolvemento da Loucura
O libro ten dúas partes: na primeira pódese diferenciar a cordura, mentres que na outra se pode diferenciar a loucura e a morte.
Ao principio comeza contando a historia do personaxe, pero co paso do tempo, Andrés comeza a ver cousas estrañas e a sumirse na tolemia debido ao que acontece no pobo.