Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Arte e humanidades de Bacharelato

Fervenza, Guggenheim e Seagram: Iconas da Arquitectura

Arte e humanidades4,54 KB

A Casa da Fervenza (Fallingwater)

Trátase dunha vivenda particular encargada polo empresario estadounidense Edgar Kaufmann. A casa foi deseñada, segundo palabras do propio Wright, para “escoitar a música da fervenza… para quen queira escoitala”, xa que desde calquera lugar da mesma percíbese o seu son.

Nesta casa conséguese unha das características básicas da arquitectura do Organicismo: a integración da natureza co ser humano, e isto lógrase de varias formas:

  • En primeiro lugar, a vivenda está situada no arranque dunha fervenza natural da que recibe o nome. Álzase sobre unha gran rocha que lle serve de cimentación e gran parte dela está en voadizo sobre a fervenza. As terrazas asemellan bloques de rocha a piques de caer na fervenza,
...
Seguir lendo "Fervenza, Guggenheim e Seagram: Iconas da Arquitectura" »

Michelangelo, O Greco e o Manierismo: Arte e Arquitectura

Arte e humanidades9,31 KB

Michelangelo: Bóveda da Capela Sistina

A bóveda está dividida en compartimentos por medio de arquitecturas finxidas onde aparecen personaxes do Antigo Testamento. Observamos que as figuras son case esculturas ficticias; as posicións difíciles permítenlles facer alardes de escorzos e movementos complicados que serán a base do futuro manierismo. A cor que usa Michelangelo imita os materiais clásicos: mármore e bronce. Perde o interese pola paisaxe e a perspectiva.

A Creación de Adán

É unha das escenas máis famosas. Deus, dador de vida... Michelangelo pasa da representación de moitas figuras ás estritamente necesarias, que ademais son moito máis grandes.

O Xuízo Final

Aparece pintado na parede do testeiro. Cristo Xuíz sitúase no...

Seguir lendo "Michelangelo, O Greco e o Manierismo: Arte e Arquitectura" »

Pintura Gótica: Características e Escolas

Arte e humanidades2,3 KB

Contexto Cultural e Artístico

O estilo gótico desenvólvese entre mediados do século XII e o século XV. Coincide coa Baixa Idade Media, e contempla unha serie de importantes cambios e transformacións na vida civil, económica e relixiosa: a puxanza económica da burguesía como grupo social; o renacer e o desenvolvemento urbano; unha tímida secularización; un maior interese polo ser humano e a natureza; o xurdimento das ordes mendicantes ou o nacemento das universidades, entre outros trazos. O gótico, a diferenza do románico, será esencialmente un estilo urbano que potenciará o realismo e o naturalismo.

A arquitectura gótica, ao substituír os muros por amplos ventanais, reduciu os espazos para a pintura mural, que só mantivo a súa...

Seguir lendo "Pintura Gótica: Características e Escolas" »

Arquitectura Visigótica na Alta Idade Media

Arte e humanidades2,14 KB

Datos Técnicos da Obra

Autor: Descoñecido

Cronoloxía: Segunda Metade do Século VII

Localización: Concello de Bande (Ourense, Galicia)

Estilo: Arquitectura Visigótica

Contexto Cultural e Artístico:

Fronte Trala caída do Imperio Romano de Occidente no 476, Europa atravesa un período artísticamente complexo: é a Alta Idade Media, unha etapa na que o Cristianismo triunfa e na arte mestúranse elementos grecorromanos, xermánicos e orientais. Neste período aparecen dous elementos que distinguen a nova arte da arte clásica: a aportación dos pobos xermánicos e o peso incuestionable que vai a ter a Igrexa.

Desaparecida a unidade política do Imperio Romano xurden reinos particulares e independentes en varios países, como o reino visigodo na...

Seguir lendo "Arquitectura Visigótica na Alta Idade Media" »

Glosario de Construción: Aparellos, Muros, Arcos e Bóvedas

Arte e humanidades3,73 KB

Glosario de Construción

Aparello: forma de dispoñer os materiais empregados na construción dun muro.

Tipos de Aparellos

  • Aparello de "sillería" ou isodomo: realizado con pedras ben labradas (sillares) normalmente de sección rectangular.
  • Almofadado: aparello de sillería coas xuntas biseladas.
  • Cachotería ("Mampostería"): muro feito con pedras sen traballar, dispostas de maneira irregular e unidas con lama ou argamasa (cal, area e auga).

Elementos do Muro

  • Xamba: partes do muro que encadran lateralmente un van (porta ou ventá).
  • Lintel: é un elemento horizontal de madeira, pedra ou doutro material que cobre a parte superior dun van.

Arcos

  • Arco: é un elemento curvo que cobre a parte superior dun van. O arco componse de pezas chamadas doelas. Hai
...
Seguir lendo "Glosario de Construción: Aparellos, Muros, Arcos e Bóvedas" »

Arquitectura Americana e Racionalismo: Rañaceos e Bauhaus

Arte e humanidades2,46 KB

A Arquitectura Americana: A Escola de Chicago

A partir do patrimonio europeo en América, decídese a gran achega na arquitectura deste século: o rañaceos. A arquitectura do ferro achegará a estrutura do metal que vai permitir elevar edificios exentos do grosor e peso da pedra, e nos que se podería abrir multitude de vans.

As principais causas disto foron:

En primeiro lugar, o ser unha nación xoven. En segundo lugar, porque por primeira vez no século XIX se logra eliminar o conflito entre enxeñeiros e arquitectos.

O Racionalismo Arquitectónico

a) Características xerais:

  • Simplicidade de formas: Fuxen da complexidade e reivindican as figuras básicas nos seus volumes.
  • Desaparición da ornamentación: Reivindican a utilidade e, por tanto, a
...
Seguir lendo "Arquitectura Americana e Racionalismo: Rañaceos e Bauhaus" »