Arquitectura Visigótica na Alta Idade Media

Arte e humanidades2,14 KB

Datos Técnicos da Obra

Autor: Descoñecido

Cronoloxía: Segunda Metade do Século VII

Localización: Concello de Bande (Ourense, Galicia)

Estilo: Arquitectura Visigótica

Contexto Cultural e Artístico:

Fronte Trala caída do Imperio Romano de Occidente no 476, Europa atravesa un período artísticamente complexo: é a Alta Idade Media, unha etapa na que o Cristianismo triunfa e na arte mestúranse elementos grecorromanos, xermánicos e orientais. Neste período aparecen dous elementos que distinguen a nova arte da arte clásica: a aportación dos pobos xermánicos e o peso incuestionable que vai a ter a Igrexa.

Desaparecida a unidade política do Imperio Romano xurden reinos particulares e independentes en varios países, como o reino visigodo na Península Ibérica. Nestes reinos bárbaros ou xermánicos recollen tradicións artísticas e constructivas dos romanos, pero cun nivel técnico ás veces deficiente, simplificando e esquematizando moitos elementos artísticos debido á precariedade económica e introducindo elementos autóctonos.

A arte europea coñece diferentes estilos ata que no s. XI nazca un estilo internacional e común a toda Europa, o Románico. Por iso a época artística entre os ss. V e XI é coñecida xeralmente co nome de Prerrománico, un caixón de xastre no que metemos as diferentes manifestacións que se producen entre a caída do Imperio Romano e a difusión do Románico, interesándonos especialmente o caso da península ibérica.

Dentro da arte prerrománica inclúense distintos estilos (arte dos pobos xermánicos: ostrogodos, lombardos, merovinxios, visigodos, anglosaxóns; a arte carolinxia; a arte otoniana; a arte vikinga; a arte asturiana....).

Os visigodos foron o pobo xermánico máis importante dos que invadiron a Península Ibérica (Suevos, Alanos, Vándalos). O seu dominio extendeuse dende o s.V ata a invasión árabe do 711. Tratábase dun pobo cunha cultura superior á doutros pobos xermánicos, xa que estaba máis romanizado que outras tribos.

Da arte visigoda o aspecto máis importante está representado na arquitectura.

Descargar

PDF Word HTML