Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Xeografía e Economía: Conceptos Básicos

Economía3,71 KB

Que é a Xeografía?

Que fan os xeógrafos?

A xeografía é a ciencia de exploración que nos axuda a coñecer o territorio e comprender os seus fenómenos. Os xeógrafos estudan a superficie terrestre, as sociedades que a habitan e os territorios, paisaxes, lugares ou rexións que a forman ao relacionarse entre si.

Que é un mapa?

Un mapa é unha representación gráfica e simplificada dun territorio con propiedades métricas sobre unha superficie bidimensional que pode ser plana, esférica ou incluso poliédrica.

Conceptos de Economía

Que é a economía?

A economía é o conxunto de bens, servizos e actividades que constitúen a riqueza dun territorio.

Que é a xeografía económica?

A xeografía económica encárgase de estudar a localización das

...
Seguir lendo "Xeografía e Economía: Conceptos Básicos" »

Sociedade e Ilustración en Galicia no século XVIII

Historia2,9 KB

Fidalgos e Comerciantes no século XVIII

No século XVIII consolidaron a súa relevancia social:

  • Os fidalgos convertéronse no grupo dominante de Galicia; controlaban o poder municipal e xudicial e tiñan unha importante participación nas institucións de goberno eclesiásticas e militares. A súa principal fonte de riqueza estaba no cobro das rendas dos foros que tomaron de terras pertencentes á Igrexa e á nobreza e que despois subaforaban aos campesiños.
  • Os comerciantes. Produciuse un incremento das actividades mercantís en Galicia. Destacan:
    • Xerónimo de Hijosa: converteuse no principal home de negocios de Galicia grazas aos negocios de reexportación de produtos europeos cara a América.
    • Os irmáns Lees: montaron unha fábrica de tecidos
...
Seguir lendo "Sociedade e Ilustración en Galicia no século XVIII" »

Literatura Galega de Posguerra: Narrativa e Poesía

Outras linguas estranxeiras7,75 KB

A Nova Narrativa Galega

Grupo de escritores que publicaron as súas obras a finais dos anos 50 e na década dos 60. Introduciron novas temáticas e técnicas que renovaron o xénero narrativo. Eran escritores moi novos que pretendían superar os modelos literarios existentes ata ese momento.

Características da Nova Narrativa Galega

  • Presenza de personaxes anónimos e marxinais.
  • Mundo do subconsciente e da psicanálise de Freud.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Fuxida da localización concreta.
  • Alternancia de planos temporais, con avances e retrocesos no tempo.
  • Varios narradores nun relato mesto.
  • Predominio do monólogo interior ou do fluír da conciencia.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Obra Narrativa

Inclúe contos e novelas. As primeiras...

Seguir lendo "Literatura Galega de Posguerra: Narrativa e Poesía" »

Romanticismo: Música, Ópera e Contexto Histórico

Música2,62 KB

Romanticismo: Contexto Histórico, Cultural e Musical

Contexto Histórico

A burguesía toma o poder social. A Revolución Industrial deixa consecuencias económicas, sociais e culturais. Atópase unha nova sociedade que exalta a liberdade. Xorde o movemento nacionalista.

Contexto Cultural

O principio fundamental do Romanticismo é a exaltación das paixóns nas obras. Outro concepto que triunfa é a arte pola arte.

Contexto Musical

O Romanticismo é a época máis brillante da música debido a que, por primeira vez, adquire a categoría de linguaxe privilexiada por encima do resto das artes. Os músicos románticos inflúen no ánimo do oínte implicándoo emocionalmente. O instrumento que máis se usa é o piano. Os músicos desta época seguen...

Seguir lendo "Romanticismo: Música, Ópera e Contexto Histórico" »

Transición e Cultura en Galicia: Guía Esencial

Outras materias2,66 KB

Impacto da Democracia en Galicia

  • A liberdade de centos de presos políticos da ditadura.
  • A legalización de partidos e sindicatos.
  • O regreso de boa parte do exiliado.
  • A convocatoria de eleccións para a escolla dos representantes nas distintas institucións.
  • A descentralización das institucións do Estado e o xurdimento das administracións autonómicas.

Aprobación do Estatuto de Autonomía Galego

  • En 1980. Galicia defínese como nacionalidade histórica e a lingua galega como a lingua propia de Galicia.

Nacemento da TVG e as súas Consecuencias

A TVG nace en 1984, co mandato explícito do seu uso e difusión.

A Lei de Normalización Lingüística: Cando se aproba?

  • En 1983. Serviu para que se fixesen oficiais algunhas medidas para que o galego deixase
...
Seguir lendo "Transición e Cultura en Galicia: Guía Esencial" »

O Barroco: Arte, Ciencia e Pensamento en Europa e España

Arte e humanidades3,68 KB

O Barroco: Arte, Ciencia e Pensamento

Mentalidade Barroca

  • O enfrontamento relixioso en Europa provocou un cambio na mentalidade, caracterizada polos sentimentos exaltados. A serenidade e o optimismo do Renacemento substituíronse por unha visión máis mística e menos optimista.
  • No Barroco brillaron todas as ramas da cultura: a arte, a literatura e a música.
  • Triunfaron novos métodos científicos. Os pensadores defendían o empirismo (**Bacon**) e o racionalismo (**Descartes**). Os científicos máis destacados foron **Galileo** (teoría heliocentrista), **Kepler** (leis que rexen as órbitas dos planetas) e **Newton** (lei da gravitación universal).

Arquitectura Barroca

  • Caracterizouse polo uso de liñas curvas, a creación de efectos luminosos
...
Seguir lendo "O Barroco: Arte, Ciencia e Pensamento en Europa e España" »

Sociedade e Cultura: Lingua, Relixión e Clases

Ciencias sociais5 KB

Sociedade e Cultura

Sociedade

Sociedade: Grupo organizado de persoas que comparten unha parte xeográfica da terra, dependen unhas das outras e teñen que cumprir unhas normas de convivencia xerais.

Entre os elementos dunha sociedade, destacan:

  • A lingua como sistema de comunicación.
  • Organización económica (traballo, tipo de propiedade, produción, distribución, etc.).
  • Modo de organizar o poder político.

Cultura

Cultura: Estilo de vida dunha sociedade referida á forma de vivir, pensar, actuar, sentir. Na cultura inflúe: a lingua, a relixión, a forma de vestir, de relacionarse, de traballar, costumes familiares, etc.

Clasificación da cultura

  • Desde o punto de vista da súa evolución:
    • Estáticas: Non trocan de hábitos e costumes durante varias
...
Seguir lendo "Sociedade e Cultura: Lingua, Relixión e Clases" »

Sociedades Limitadas e Anónimas: Guía Completa e Factores Produtivos

Economía2,75 KB

Sociedades Limitadas e Anónimas: Características Principais

Sociedade Limitada:

  • O capital achegado polos socios debe ser de 3.000,06 € ou máis.
  • Este capital está dividido en partes iguais, chamadas participacións.
  • Un socio pode vender as súas participacións a outros socios.
  • Os acordos tómanse en xuntas por maioría.
  • Cada participación ten dereito a emitir un voto.
  • Tamén chamada Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL). Unha especialidade é a Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE).

Sociedade Anónima:

  • O capital achegado polos socios debe ser de 60.101,21 €.
  • Este capital está dividido en partes iguais chamadas accións.
  • A responsabilidade está limitada ao capital achegado.
  • Normalmente, as accións pódense comprar e vender libremente.
...
Seguir lendo "Sociedades Limitadas e Anónimas: Guía Completa e Factores Produtivos" »

As Fases da Revolución Francesa: Unha Guía Completa

Historia3,13 KB

A Asemblea Constituínte (1789-1791)

  • A Asemblea Nacional transformouse en Asemblea Constituínte, co propósito de aprobar unha constitución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a prisión da Bastilla para conseguir armas e defender os seus representantes. Os disturbios estendéronse a outras cidades e ao campo, onde os campesiños atacaron as propiedades dos señores.
  • A Asemblea Constituínte aboliu o feudalismo (eliminou os dereitos señoriais e nacionalizou os bens da Igrexa); redactou unha Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán (nos que se recoñecían os dereitos de liberdade, propiedade e igualdade ante a lei); e elaborou a Constitución de 1791 (establece a soberanía nacional, a división de poderes e o sufraxio censitario
...
Seguir lendo "As Fases da Revolución Francesa: Unha Guía Completa" »

A Sociedade e a República Romana: Estrutura e Crise

Ciencias sociais3,8 KB

Institucións Políticas Romanas

Asemblea Popular

Estaba formada por todos os cidadáns; é dicir, os varóns adultos nacidos en liberdade. Aprobaban as leis e elixían os maxistrados.

Tribunos da Plebe

Unha nova maxistratura, creada para velar polos intereses da plebe.

Clases Sociais na Roma Antiga

Patricios

Un reducido número de familias ricas e poderosas que se consideraban descendentes dos fundadores de Roma.

Plebeos

Era o resto de homes libres que constituía a gran masa cidadá.

Grandes Conquistas da República Romana

Durante a República, Roma alcanzou unha grande expansión territorial:

  • Impuxo o seu poder sobre a Península Itálica.
  • O control do Mediterráneo occidental logrouse tras vencer a Cartago, unha antiga colonia fenicia situada no norte
...
Seguir lendo "A Sociedade e a República Romana: Estrutura e Crise" »