Xeografía e Economía: Conceptos Básicos

Economía3,71 KB

Que é a Xeografía?

Que fan os xeógrafos?

A xeografía é a ciencia de exploración que nos axuda a coñecer o territorio e comprender os seus fenómenos. Os xeógrafos estudan a superficie terrestre, as sociedades que a habitan e os territorios, paisaxes, lugares ou rexións que a forman ao relacionarse entre si.

Que é un mapa?

Un mapa é unha representación gráfica e simplificada dun territorio con propiedades métricas sobre unha superficie bidimensional que pode ser plana, esférica ou incluso poliédrica.

Conceptos de Economía

Que é a economía?

A economía é o conxunto de bens, servizos e actividades que constitúen a riqueza dun territorio.

Que é a xeografía económica?

A xeografía económica encárgase de estudar a localización das actividades económicas no mundo. Analiza o desigual acceso da poboación aos recursos e avalía o impacto das actividades do ser humano sobre o territorio.

Como transforman os territorios as actividades económicas?

As transformacións dos territorios prodúcense, por exemplo, cando os espazos rurais se converten en espazos urbanos.

Fases das Actividades Económicas

  • Produción: Interveñen persoas e empresas que contribúen a crear un produto ou proporcionar un servizo.
  • Distribución: Consiste en facer chegar ese produto e/ou servizo aos clientes.
  • Consumo: Os clientes compran produtos ou servizos para satisfacer as súas necesidades.

Axentes Económicos

  • Familias: Consumen para satisfacer as súas necesidades e traballan para conseguir os ingresos necesarios.
  • Empresas: Crean produtos e servizos que ofrecen ao conxunto da sociedade.
  • Administracións públicas: Os concellos, gobernos rexionais e estados cumpren coas funcións de prestar servizos esenciais á poboación.

Fases de Produción: Compoñentes

  • Recursos naturais: Son aqueles elementos da natureza dos que obtemos un beneficio económico, como a auga.
  • Capital: Son os bens xa producidos que serven para adquirir recursos.
  • Traballo: Esforzo realizado polos seres humanos ao desenvolver actividades.

Principios do Mercado

  • Mercado libre: A lei de oferta e demanda regula o prezo dos bens e servizos.
  • Libre competencia: Permite ás empresas operar no mercado con total liberdade.
  • Propiedade privada: Principio que garante aos individuos e ás empresas o dereito de ser propietario de recursos para producir bens.
  • Respecto polas iniciativas: Unha persoa pode tomar decisións libremente, xa sexa produtor, propietario ou consumidor.

Definicións: Rural, Agrario e Agrícola

  • Rural: Todas as actividades nun territorio que non é urbano.
  • Agrario: Actividades relacionadas co sector primario.
  • Agrícola: Referencia aos espazos e ocupacións que só teñen relación coa agricultura.

Desembocaduras das Rías Galegas

  • Xallas: Ría de Corcubión.
  • Ulla: Ría de Arousa.
  • Tambre: Rías de Muros e Noia.

Ríos de España por Vertente

Vertente Cantábrica

Eo, Narcea, Nalón, Nervión.

Vertente Atlántica

Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir.

Provincias de Andalucía e Castela-A Mancha

Andalucía

Huelva, Sevilla, Cádiz, Córdoba, Málaga, Xaén, Granada, Almería.

Castela-A Mancha

Cuenca, Albacete, Guadalaxara, Cidade Real, Toledo.

Descargar

PDF Word HTML