A Nova Narrativa Galega e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras3,58 KB

A Nova Narrativa Galega (1950s-1960s)

Desde finais da década de 1950 ata comezos da de 1960, a narrativa galega manifesta un evidente afán de ruptura coas formas e temas tradicionais da literatura anterior. Xurdiu así a denominada Nova Narrativa Galega.

A nova narrativa aposta pola ruptura da cronoloxía lineal do argumento. Aparece o monólogo interior. Presenta personaxes anónimos, marxinais e inadaptados, con tendencia á violencia e á autodestrución. A través deles suxírese o absurdo existencial, a agresividade oculta do ser humano, a influencia do subconsciente sobre o comportamento das persoas.

Autores Destacados da Nova Narrativa

Entre os autores que os críticos inclúen neste movemento destacan:

  • Xosé Luís Méndez Ferrín
  • Carlos Casares
  • Xohana Torres
  • Gonzalo Rodríguez
  • Camilo Gonsar

Xosé Luís Méndez Ferrín

A súa obra divídese en etapas:

  • Etapa inicial (dentro da Nova Narrativa): Libros de relatos como Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte.
  • Segunda etapa (década de 1970): Máis centrada en ofrecer unha interpretación política dunha nación imaxinaria; Tagen Ata, metáfora da propia Galicia. Exemplo: Retorno a Tagen Ata.
  • Desde 1980: Combina a recreación da materia de Bretaña, o compromiso político e a recuperación da memoria da represión franquista. Obras: Amor de Artur, Arnoia, Arnoia, Arraianos, No ventre do silencio.

Carlos Casares

A súa obra tamén presenta etapas:

  • Primeira etapa: Vinculada á renovación da Nova Narrativa. As súas obras reflicten, dun modo autobiográfico, a sociedade galega do franquismo. Obras: Vento ferido, Xoguetes pra un tempo prohibido.
  • Segunda etapa: Recupera un enfoque narrativo máis tradicional. Obras: Ilustradísima, O sol do verán.

Temas en Carlos Casares

  • Personaxes frustrados por culpa da intolerancia, da violencia ou da hipocrisía social.
  • O humor e a tenrura á hora de retratar o mundo interior dos personaxes.

Xosé Neira Vilas

Estes relatos insisten na visión desesperanzada da sociedade campesiña, marcada pola pobreza, os prexuízos sociais e a violencia. Con respecto á emigración, denuncia as inxustizas que provoca: angustia, morriña, loita cotiá por fuxir da miseria... Exemplo: Historias de emigrantes.

O Culturalismo Temático (Poesía, década de 1980)

Adoptan temas como a vivencia amorosa, o erotismo, a saudade da infancia, a reflexión sobre a soidade e a morte, a fugacidade do tempo e a beleza. O culturalismo favorece a relación temática entre todas as artes, con numerosas referencias a manifestacións estéticas como o cine, a música e as artes plásticas.

A poesía da década de 1980 viuse favorecida pola creación e a consolidación de premios literarios como o Esquío, a publicación de revistas poéticas como Dorna e a creación de coleccións de poesía.

Poetas Culturalistas Destacados

  • Pilar Pallarés
  • Ana Romaní
  • Xela Arias
  • Fernán Vello
  • Manuel Rivas
  • Darío Xoán Cabana

O Esteticismo Formal (Poesía)

Predomina o esteticismo. Hai unha busca consciente da elegancia formal do poema e tamén un gusto polo vocabulario culto e barroco.

Descargar

PDF Word HTML