Historia do Jazz: Orixes, Estilos e Grandes Artistas
Inicios do jazz. Atópase nos cantos dos escravos negros traídos de África séculos antes. Clasifícanse en:
Work songs: cantábanse mentres se traballaba. Tiñan un carácter triste e melancólico, pero rítmico. Un traballador iniciaba o canto e o resto repetían o mesmo verso.
Gospel: era o canto relixioso da xente negra. Usaban as súas acentuacións rítmicas e a estrutura chamada e resposta.
O blues: o escravo expresaba a tristura da súa situación, aceptando con resignación o seu destino. Acompañado dunha guitarra ou harmónica.
O jazz a principios do século XX
Ten diferentes estilos:
O cakewalk: foi a primeira danza afroamericana que entrou nas salas de baile.
Estilo de Nova Orleans: algúns escravos liberados adquiriron instrumentos...