Historia do Jazz: Orixes, Estilos e Grandes Artistas
Inicios do jazz. Atópase nos cantos dos escravos negros traídos de África séculos antes. Clasifícanse en:
Work songs: cantábanse mentres se traballaba. Tiñan un carácter triste e melancólico, pero rítmico. Un traballador iniciaba o canto e o resto repetían o mesmo verso.
Gospel: era o canto relixioso da xente negra. Usaban as súas acentuacións rítmicas e a estrutura chamada e resposta.
O blues: o escravo expresaba a tristura da súa situación, aceptando con resignación o seu destino. Acompañado dunha guitarra ou harmónica.
O jazz a principios do século XX
Ten diferentes estilos:
O cakewalk: foi a primeira danza afroamericana que entrou nas salas de baile.
Estilo de Nova Orleans: algúns escravos liberados adquiriron instrumentos musicais e aprendían a tocalos cunha técnica propia en locais e barrios de Nova Orleans. Podían ser entre 6 e 9 músicos, con sección rítmica, sección melódica e improvisación colectiva (trompeta, clarinete, trombón e batería).
Dixieland: a razón é que a primeira orquestra que gravou música jazz foi a Original Dixieland Jazz Band, composta por brancos.
O ragtime: composición escrita inicialmente para piano e interpretada polos chamados entertainers. Scott Joplin é o seu máximo expoñente.
Os anos 20
O jazz foi o protagonista nos locais nocturnos de Chicago, Harlem e Nova York. Nesta época comezou a chamarse 'jazz'. Saíron os race records, discos gravados para público negro. É a idade de ouro do jazz e existía o Cotton Club, local de Harlem no que os artistas eran negros, pero só podían entrar brancos.
Estilo Chicago: Louis Armstrong ou King Oliver.
O blues clásico: destaca Bessie Smith, que cantaba sobre as realidades da miseria, os amores imposibles e a prisión.
Os anos 30. A era do swing
Neste tempo houbo:
Piano stride: a man esquerda saltaba sobre o piano con notas graves en tempos fortes e acordes nos débiles, mentres a dereita levaba a melodía.
Boogie woogie: a man esquerda segue un esquema rítmico repetitivo, mentres a dereita leva a melodía.
O swing: é un novo estilo de jazz. 'Swing' designa o estilo musical dos anos 30 e tamén o elemento rítmico do jazz (big bands, sección rítmica e melódica, pregunta-resposta, acentuando nos débiles).
Anos 40. O be-bop
Tiña maior autonomía e relevancia da batería, unha música complexa e non bailable, onde o principal é a habilidade técnica do intérprete e a improvisación.
- Scott Joplin: piano (The Entertainer, ragtime, principios do século XX, 1900/1919).
- Charlie Parker: saxofón.
- Louis Armstrong: trompeta (When the Saints Go Marching In, estilo Chicago, anos 20).
- Django Reinhardt: guitarra (I've Got Rhythm, swing, anos 30).
- Glenn Miller: trompeta (In the Mood, swing, anos 30).
- Duke Ellington: piano (It Don't Mean a Thing, swing, anos 30), con sordina wah-wah.
- Bessie Smith: voz.
- Thomas 'Fats' Waller: piano stride.
- Count Basie: piano.
- Billie Holiday: voz.
- Ella Fitzgerald: voz (A-Tisket, A-Tasket, jazz vocal, anos 30).
- Coleman Hawkins: saxofón.
- Benny Goodman: clarinete (Sing, Sing, Sing, swing, anos 30).
- Gene Krupa: batería.
- Dizzy Gillespie: trompeta.
- Charlie Parker: saxofón.