Descargar o incerto señor don hamlet principe de Dinamarca de Álvaro cunqueiro

Lingua e literatura4,52 KB

O TEATRO EN Galicia DURANTE O SÉCULO XX

O Xénero teatral ten a súa orixe a finais do século XIX, pero as iniciativas máis Significativas danse no século XX da man das Irmandades da Fala, que crean o ‘’ Conservatorio Nacional da Arte Galega ‘’, e posteriormente, da Xeración Nós.

Nun Primeiro momento, o teatro considerouse o medio máis eficaz para dignificar o Idioma e achegar as ideas nacionalistas ao pobo e foron moitos os autores que Usaron o teatro para espallalas. Entre eles, destaca Ramón Cabanillas, que Trata o tema amoroso con personaxes das clases altas que falan galego en A man da santiña, e trata temas Máis comprometidos e históricos en O Mariscal.

A Intención das Irmandades e o grupo Nós é abandonar o costumismo e por isto Apostaron polas novas experiencias teatrais. Neste sentido, foi fundamental a Figura de Castelao e a súa innovadora maneira de entender o teatro coma un Espectáculo. Isto conduciu á introdución de elementos vangardistas e nesta liña Destaca A fiestra baldeira de Rafael Dieste, que mestura estes elementos con outros de tipo existencial. Porén, a obra máis importante polos avances escenográficos e polo seu éxito é Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

Na Posguerra, Bos Aires convértese na capital cultural galega e alí o teatro Seguiu dúas direccións: unha liña de teatro ‘’popular ‘’, que resalta os Costumes e tradicións do patrimonio cultural para manter viva a cultura e o Orgullo de sentirse galegos (Farsa Para títeres de Blanco Amor); E unha liña máis culta que procura ter unha función estética e incorporar novas Técnicas dramáticas (destaca de novo Os Vellos non deben de namorarse). Na inmediata posguerra, en Galicia non Hai publicacións nin representacións teatrais.

Así E todo, nos anos 50 reaparece un teatro que procura seguir as correntes Europeas e, así, podemos atopar obras existencialistas influídas por autores Franceses. Nesta etapa, destacan autores como Cunqueiro e a súa obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, Manuel María, Bernardino Graña ou Xohana Torres. Así mesmo, Comezan a traducirse Moitas obras importantes do teatro clásico e contemporáneo, pero a creación Teatral en galego e en especial a representación son actos practicamente Clandestinos.

Por Último, a partir dos anos 60 apréciase unha progresiva recuperación na Celebración de concursos teatrais e na aparición de grupos teatrais Independentes como ‘’ O Facho ‘’, ‘’ Teatro Circo ‘’ ou ‘’ Teatro Popular Galego ‘’, entre outros. Asemade, este proceso ten continuidade nos anos 70 Grazas a iniciativas como as ‘’Mostras de Teatro de Ribadavia ‘’ (a día de hoxe É un certame internacional). Neste período, o xénero popularízase e algúns Grupos convértense en profesionais e forman cooperativas teatrais. Ademais, ao Mesmo tempo aumentan os dramaturgos que buscan novos medios de expresión, é o Caso de Roberto Vidal Bolaño ou Manuel Lourenzo, entre outros.

En definitiva, a pesar das Dificultades que lle son propias (necesidade de actores, directores, espazos, Vestiario...) e das propiciadas polas circunstancias históricas, o teatro Experimentou un proceso de desenvolvemento progresivo que chega ata os nosos Días. Ademais, neste proceso ten especial relevancia o traballo das Irmandades E os membros do grupo Nós á hora de abandonar o costumismo e achegar o xénero Ás correntes europeas.  

Descargar

PDF Word HTML